Un filme custa moitos cartos. Poderíamos polo tanto preguntarnos primeiro por qué se fai un filme, antes de dicir cómo facelo. Por que? Iso depende das persoas. Hoxe en día o cinema ten un prestixio bastante chocante. Os nosos contemporáneos non queren facer cinema, queren estar no cinema, que non é exactamente o mesmo. Os que queren "estar no cinema" non senten a verdadeira necesidade de facer un filme. Non precisan diso como do ar que respiran. Cando eu empecei, e durante moito tempo, os meus camaradas da Nouvelle Vague e mais eu non podíamos facer outra cousa. Só pensabamos no cinema. Agora oio dicir "Encantaríame ter un oficio creativo". É terríbel. E o resultado non se fai agardar. Hai que saber ademais qué se quere facer. ¶
Do libro Comment faire un film, de Claude Chabrol, coa colaboración de François Guérif. Edición española en El libro de bolsillo de Alianza Editorial, serie "Libro práctico y aficiones: cine y comunicación" (LP 7015).
vale para a publicidade, a ficción televisiva , o deseño gráfico e unha morea de disciplinas. Do mesmo xeito que se abren a novas xeracións trivializanse
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.