Diso sempre. E do Festival, tamén, aínda que a sección oficial fora tan esquecíbel. Para un cinéfilo un festival coma este é unha experiencia sempre arrebatadora; e ao ter ido xa o ano pasado, as sensacións son aínda mellores: coñeces a mais xente, sabes onde parar a tomar uns pintxos e onde ir tomar un café tranquilamente, etc.
Por outra parte, compartir filmes tan horrorosos como "Juanita Narboni" ou "Before it had a name" socializa moito. Poste a falar con calquera e aínda que non o coñezas en canto citas eses títulos amosa un irrefreábel sorriso. Creo que dentro de vinte anos todos poderemos dicir "acórdaste, alá no 2005, a cousa aquela de Willem Dafoe e a Giada Collagrande..." Acabará sendo un filme de culto, como os de Ed Wood.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.