caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Feira do Libro, 2
> Feira do Libro, 2 <

O recital poético mais longo da historia empezou onte a iso das oito da tarde e acabou cando eran xa as cinco da madrugada. Non foi todo versos, non se crean; houbo tempo para o viño, para a Guinnes -apenas media pinta- e para uns carajillos no Filloa, un clásico das noites turcas. Aproveito para mercar o libro do Suso, para falar co monstro do canon, a quen intento convencer para que fale ben de alguén, e para aprender a diferencia entre as aliagas e os toxos. Todo moi agradábel, por suposto, a pesar do sono perdido e da angustia existencial de non saber interpretar en toda a súa profundidade esas palabras que aínda ecoan na memoria:

-A solución para o do Sahara está verdadeiramente moi difícil.

2005-08-03, 19:14 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/32094

Comentarios

1
De: Emilio Alcázar Fecha: 2005-08-03 19:51

Para min só durou media hora! Pero estivo ben, sobre todo Lucía.



2
De: O Monstro do Canon Fecha: 2005-08-05 09:55

Señor Pawley, ¿parécelle que intente falar ben de alguén empezando polos marroquíes? ¡Ah! ¿Que a cousa está fodida...?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-08-05 18:26

Depende de que marroquíes :-)



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley