É case inevitábel estes días lembrar o famoso conto do dinosaurio de Augusto Monterroso. Este blog xa fixera iso mesmo nun dos seus primeiros posts, para ser mais exactos no aparecido aquí o 21 de marzo do 2003.
Pois non vexo eu tan claro que poida deixar de ser alcalde. Se é medianamente listo e actúa con sentidiño poderá manterse ao mando da cidade tantos anos como desexe. Non esquezamos que é un dos seus homes de confianza, Salvador Fernández Moreda, o que preside a deputación da Coruña en (moi cordial) coalición co BNG. Din por aí que no PSOE xa non están dispostos a aturarlle moitas mais cousas; se a iso lle engadimos as (colosais) inversións pendentes nesta cidade, como resultado eu auguro unha nova etapa de tranquilidade para o noso alcalde.
Estaba eu pensando niso precisamente: tanto "batasunizar" ao BNG, e despois a Deputaçóm d'A Corunha é um remanso de paz comparado com Vigo, por exemplo.
Pero ao respeito da etapa de tranquilidade para o Paquito... bem podería repousar co seu admirado "rapazolo" no asilo.
Non parece lóxico que o PSOE e o BNG poidan pactar o governo de Galiza e que ao mesmo tempo non se entendan nun concello coma o de Vigo, así que intúo eu que a medio prazo vai haber algúns cambios moi significativos nas alcaldías galegas.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.