caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Tortura e pobreza
> Tortura e pobreza <

Mañá, 26 de xuño, é o Día Mundial contra a Tortura. Amnistía Internacional emprendeu este ano unha curiosa campaña baixo o lema Un grito puede acabar con mil gritos de dolor na cal convida aos cidadáns a gravar mensaxes contra a tortura que quedan logo colgados da páxina web. Tamén recollen sinaturas para sumarse a unha carta desta vez dirixida a George Bush coa cal amosar a preocupación ante as torturas e os malos tratos que según diferentes informes se produciron en Irak, Afganistán e na base de Guantánamo en Cuba.

Outra convocatoria grande para o domingo é a da acción mundial contra a pobreza. Centos de organizaciones non gubernamentais españolas uníronse na campaña "Pobreza Cero" lanzada pola Coordinadora de ONGD para pedir aos líderes mundiais que cumplan as súas promesas para acabar coa pobreza. Para mañá hai convocadas por esta razón moitas concentracións e manifestacións en todo o mundo, a poucos días de que empece en Edimburgo (Escocia) o cumio do G-8 que reúne aos países máis ricos do planeta. En Santiago de Compostela a concentración terá lugar na Praza do Toural a partir das once da mañá; unha hora mais tarde a actriz Mónica Díaz, membro de Burla Negra, fará a leitura do manifesto.

E un pouco mais tarde, na Alameda, a cadea humana, xa saben.

2005-06-25, 19:22 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/31127

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley