caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Nós xa gañamos
> Nós xa gañamos <

Pedíronme os de Libro de Notas un artigo sobre as eleicións galegas do próximo domingo. Poden velo neste enderezo, en español; se prefiren a versión galega, sigan lendo:

O País Durminte, a Nación Prozac, o Impaís, o lugar onde a xente non protesta senón que emigra, xa saben: Galiza. Despois de dezaseis anos, ou de dezaseis séculos, non lembro ben, de maiorías absolutas de Fraga, ese home; despois dunha política de pandeireta e empanada, pervertida a democracia até ficar reducida a unha feira de aclamacións e vítores a ritmo de viño de ribeiro e carne ao espeto; despois das listas negras e dos cargos públicos recollidos sistemáticamente por uns mesmos apelidos, guiados pola xenética da súa boa estirpe; despois de ducias de milleiros de homes e mulleres xoves que tiveron que marchar conscentes de que son poucas as oportunidades nun territorio cada día máis avellentado; despois da paulatina e inmisericorde doma e castración dun país que pretenderon converter nunha simple paisaxe, o escenario de fondo para o reparto cobizoso da caixa; despois de todo iso, por fin, o povo galego chega a unhas eleicións coa fermosa incerteza de non saber de antemán o resultado, de crer que o cambio, esta vez si, será posíbel. Empezou por fin a primavera, na feliz metáfora nacida no xornal Vieiros que moitos acollemos como leitmotiv espiritual.

Temos dereito á ilusión e á esperanza, algo que nos foi negado durante demasiado tempo. Aprendemos que somos capaces de superar a rutina e vencela. Non me cabe dúbida de que a mellor herdanza dos anos Fraga, obviamente moi ao seu pesar, foi a reactivación da iniciativa cidadá. A Fraga non o vai derrotar nin Touriño nin Quintana, e bon sería que eles comprendesen con claridade este feito; a Fraga vai derrotalo un país que hai tres anos empezou a dicir "Nunca Máis". Van derrotalo milleiros e milleiros de cidadáns que apostaron polo enxeño e pola creatividade, polo humor e pola sátira, dirixidos unicamente polo pensamento libre e a conciencia crítica e sen ningunha das barreiras que paralizan a acción dos partidos. A maré humana do Prestige, a dos que non agardaron a ver qué facían os seus líderes e botáronse a recoller chapapote, os que saíron un feixe de veces á rúa para esixir aos seus representantes políticos que se comportasen como tais; son eles, e non outros, os que van triunfar nas eleicións deste domingo. Porque o resultado, realmente, é case irrelevante: os cidadáns recuperamos o protagonismo que nos corresponde e por iso, aconteza o que aconteza, nós xa gañamos.


Off topic: Mañá o xornal El País distribúe en DVD e por só 8,95 euros o filme de John Ford "The searchers", o mais grande xamais rodado. É unha compra obrigada, obviamente. Escribín sobre ese filme neste blog hai xa mais de dous anos; poden ler o meu artigo picando aquí. O mesmo texto, pero en español, no meu blog cinéfilo.

2005-06-17, 19:49 | 39 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/30874

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-17 20:58

Se pasan por un quiosco, busquen a revista Época e lean -sen comprala, claro- o artigo de Enrique de Diego sobre "Antxo Quintana", escrito así, con "tx", e no que vén dicir que se Fragagá non ten maioría absoluta o que mandará aquí será Quintana e con el Carod Rovira, Arnaldo Otegi e Josu Ternera...

E se algún de vostedes ten aínda algunha dúbida, visiten o blog de ArvPart, que durante varias últimas semanas repasou de xeito exhaustivo as razóns para botalos.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-17 21:30

E bótenlle un ollo a este post de Fran Alonso sobre as listas negras na RTVG elaboradas pola Administración Fraga nada mais chegar ao poder.



3
De: Anónimo Fecha: 2005-06-17 21:30

Mr. Pawley, o seu artigo fíxome mollar un pouquiño os ollos coa emoción. ¡Cánta, cánta necesidade temos de entusiasmo! Ogallá sexa posíbel deste volta. Vostede xa comezou e resulta felizmente contaxioso.
Moitas gracias :-)



4
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-17 22:20

Moitas grazas a vostede, Anónimo. Desta vai, xa verá.

Canto mais reparo nos ditos e feitos de Don't Manuel máis dou en pensar naquela frase tan certeira de Castelao que dicía que "en moitos casos a caricatura non é tan cruel com'o retrato". Revisen, por exemplo, a impagábel web de Fragagá, aproveitando que mañá é día de reflexión: non é que alí satiricen con enorme enxeño a Don't Manuel, senón algo infinitamente mais perverso: descríbeno!



5
De: ictioscopio Fecha: 2005-06-17 22:40

se é a herdanza dos anos fraga o reagir da sociedade galega... igual aínda non foi tan mala a cousa :P



6
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-17 23:18

Non, Ictioscopio, mala foino, e moito; pero de todo se pode tirar unha boa aprendizaxe.

Seguindo coas leituras recomendadas, vaian a este artigo de El País sobre a Cidade da Cultura.



7
De: ictioscopio Fecha: 2005-06-18 00:58

claro, o esterco fai medrar as plantas, ñ? :P



8
De: Jaio la espía anarquista Fecha: 2005-06-18 01:31

Celebre, celebre, porque usted, pagar, me pagará una comida.

No lo dude.

Yo sí que he ganado. Si pago la comida es porque he perdido esa apuesta lo que me alegraría infinito. Y si no, al menos... comeré gratis en "A mediterranea".

Buen artículo, por cierto.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-18 01:50

Jaio, lamentaría moito ter que pagar esa comida polo que levaría implícito; pero sei ben que quen terá que afrouxar a carteira será vostede, o cal converterá ese xantar nun pracer múltiple.



10
De: Anónimo Fecha: 2005-06-18 02:18

Mr. Pawley, Pequena Jaio:

Se finalmente o pesimismo de Jaio, que comparto, resulta fallido, estarei encantado de invitalos aos dous. No caso contrario nin falen de invitarme a min, que non estarei de humor. Ergo, se hai motivo, xa saben en qué monte poden buscarme para celebrar á miña conta a derrota do pesimismo e a victoria do futuro :-))



11
De: Vendell Fecha: 2005-06-18 03:32

Leín o outro día que ilusión ven do latín "iludere", engano. Son optimista: Fraga non acadará maioría absoluta,pero non creo que a súa desaparición sexa a solución aos males do país.



12
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-18 03:38

Non, Vendell, iso é certo. Pero por algo hai que empezar.



13
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-18 04:17

...Xa que estamos, lean a Vendell e reflexionen con sentidito.



14
De: Anónimo Fecha: 2005-06-18 11:56

Sr. Vendell:

Por suposto que a desaparición de Fraga non é solución. Non é condición suficiente, pero estou seguro que vostede tamén pensa que é condición necesaria. Pois trátase diso, coido: se somos quen, despexaremos un derrubo que está a atrancar o camiño.

Unha vez despexado, veremos cecáis que o coche non arranca, ou que non ten forza suficiente, ou que por todas partes xurden novos Fragas, ou pícaros que van co seu tubiño a roubar gasofa do tanque.

Todo iso é certo, pero nin iso pode darse mentras o camiño esté atrancado.

Despóis haberá que andalo. E haberá que seguir, un día detrás doutro, intentando chegar a Itaca, creando Itaca no camiño. Agora, simplesmente, non hai nin pode haber Itaca porque non hai camiño.

A desaparición de Fraga non é a solución, porque Fraga, a fin de contas, non é máis que o resume de nós mesmos. O problema non é Fraga, senon nós. A esperanza é que, botando a Fraga, esteamos transformándonos, renovándonos, creando formas colectivas diferentes.

E se sai mal, haberá que intentarlo de novo, ¿nonsí?



15
De: Belart Fecha: 2005-06-18 12:28

Desde Barcelona, sólo desear a los gallegos la suerte que os ha sido negada en tanto tiempo. El cambio es posible, y el cambio significa el adiós de Fraga. El futuro nuevo gobierno -espero- tendrá que aprender, cometerá errores que magnificaran desde Madrid y desde el PP. Es normal, todo conlleva un tiempo, aunque hay que seguir siendo exigente... y me consta que desde este blog la crítica será constante.
Mañá será outro día, melhor? Ten que ser.



16
De: Jon Fecha: 2005-06-18 12:52

¿Desde cuándo hace usted publicidad de El Pravdaís?

dice el tío

Con gilipollas como usted, que le trabajan gratis, Mr. Polanco puede dormir tranquilo



17
De: M Fecha: 2005-06-18 12:57

Desta vai?



18
De: M Fecha: 2005-06-18 12:58

Xa verá?

Ilusos, cuántas mala-leches tendremos que aguantar el lunes que viene...



19
De: Devlin Fecha: 2005-06-18 13:01

El único vínculo que tengo con Galicia es el profundo amor que le profeso desde que visité la zona por primera vez. Desde entonces procuro regresar al menos una vez al año.

Yo también desde Madrid le deseo a los gallegos la suerte que ha sido negada durante tanto tiempo. Aunque la desaparición de Fraga no es la solución, que duda cabe de que sería de gran ayuda. Debe cambiar ante todo la mentalidad de muchos gallegos. Sé que es fuerte pero quizás debamos dar gracias al Prestige porque fue el detonante que la ciudadanía gallega necesitaba.

Yo tengo preparada una botella de godello para mañana a la noche y caerá de una manera u otra. Bien para celebrar la jubilación de Fraga, bien para ahogar las penas. Tengo el convencimiento de que de esta no pasa... y si no ¡menudo batacazo!



20
De: Jon Fecha: 2005-06-18 13:13

"¡Oiga señora, por só 8.95 euros!"

Grotesco



21
De: M. P. M. Fecha: 2005-06-18 13:31

Volveremos a ganar.
Y sacaremos 42 escaños.
y ustedes podrán emborracharse.



22
De: Anónimo Fecha: 2005-06-18 13:38

Sr. Jon:

Refírese a John Ford, non a vostede, non teña coidado. Non ten por qué darse por aludido.



23
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-18 22:59

Anónimo, diso se trata, penso eu: se mañá acontece o que non desexamos non poderemos permitirnos o luxo de perder tempo lamentándoo; teremos que seguir intentándoo, expresándonos con sentidiño e liberdade; exercendo de cidadáns, xa sabe. Algúns é que non valemos para outra cousa.

Jon, fago publicidade de El País cando me sae do carallo, dispensando. E por se o dubidaba, neste blog pode chamarme gilipollas cantas veces o considere oportuno -iso si, só a min.

Belart, Devlin: mañá destas horas xa saberemos o que pasou. E fíxense, eu non teño ningunha botella preparada; paréceme que vou ter que ir bebela fora da casa :-)

M.P.M., corenta e dous non creo que saquemos, non; eu non son tan optimista. E si, volveremos gañar os da oposición, como nas municipais do 2003.



24
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-18 23:24

Mais publicidade gratuita (así non vou facerme rico nunca): lean o abrollo de María, a nosa particular creadora de tendencias, hoxe en Vieiros; e reparen ben no magnífico artigo de Manuel Rivas no DVD de The searchers. O seu título, "El Ulises del Oeste". Case un haiku.



25
De: Billy Bragg Fecha: 2005-06-18 23:48

Coa amabilísima colaboración de Akin, disfruten ao longo deste domingo eleitoral dunha das cancións mais fermosas da historia. Prendan os altofalantes e escoiten. E canten, tamén:

Billy Bragg, Victim of Geography

It may have been Camelot for Jack and Jacqueline
But on the Che Guevara highway filling up with gasoline
Fidel Castro's brother spies a rich lady who's crying
Over luxury's disappointment
So he walks over and he's trying
To sympathise with her but he thinks that he should warn her
That the Third World is just around the corner

In the Soviet Union a scientist is blinded
By the resumption of nuclear testing and he is reminded
That Dr Robert Oppenheimer's optimism fell
At the first hurdle

In the Cheese Pavilion and the only noise I hear
Is the sound of someone stacking chairs
And mopping up spilt beer
And someone asking questions and basking in the light
Of the fifteen fame filled minutes of the fanzine writer

Mixing Pop and Politics he asks me what the use is
I offer him embarrassment and my usual excuses
While looking down the corridor
Out to where the van is waiting
I'm looking for the Great Leap Forwards

Jumble sales are organised and pamphlets have been posted
Even after closing time there's still parties to be hosted
You can be active with the activists
Or sleep in with the sleepers
While you're waiting for the Great Leap Forwards

One leap forward, two leaps back
Will politics get me the sack?
Waiting for the Great Leap Forwards

Here comes the future and you can't run from it
If you've got a blacklist I want to be on it
Waiting for the Great Leap Forwards

It's a mighty long way down rock 'n roll
From Top of the Pops to drawing the dole
Waiting for the Great Leap Forwards

If no one seems to understand
Start your own revolution and cut out the middleman
Waiting for the Great Leap Forwards

In a perfect world we'd all sing in tune
But this is reality so give me some room
Waiting for the Great Leap Forwards

So join the struggle while you may
The Revolution is just a T-shirt away
Waiting for the Great Leap Forwards
Waiting for the Great Leap Forwards
Waiting for the Great Leap Forwards...



26
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-19 01:29

Por certo, hoxe domingo hai tamén eleicións presidenciais en Guiné-Bissau, un país que ten como lingua oficial unha variedade do galego chamada "portugués" ;-) Por suposto, o Jorge Neto está facendo no seu blog Africanidades un amplo seguimento da campaña. Imaxino que os bazongueiros tamén nos han de dar cumprida información sobre os resultados.



27
De: Hai que botalo (tamén ao ¿entrevistador?) Fecha: 2005-06-19 02:36

Lean isto e descarguen o in-des-crip-tí-bel vídeo da entrevista a Fragagá o último día de campaña.

Que noxo :-(



28
De: ulises lima Fecha: 2005-06-19 06:48

Noraboa polo artigo Martin. En Canadá é a unha da mañá. En Galicia falta apenas ¿unha hora? para que empece o baile. Cando esperte xa estará o pescado medio vendido. Se é que chego a durmir.



29
De: Nuala Fecha: 2005-06-19 15:09

Grazas pola resposta o mail, Martin. Sego enganchada a vieiros ainda que estou a traballar. A xente esta a mirar para min coma se non comprendesen nada, e o certo que non son quen de ponher en palabras o que pode significar este dia.

Vemonos tra-lo reconto



30
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-19 15:21

Grazas, ulises; e noraboa a vostede polo debuxo que colgou no seu blog e que me tomo a liberdade de reproducir aquí (pero vaian tamén alí, oian!):


Crucemos los dedos



31
De: Xose L. Fecha: 2005-06-19 21:59

El Bloque a tomar por culo. Estoy feliz!



32
De: EMF Fecha: 2005-06-19 23:59

Mire Xose L., coincidimos em estarmos felices, já que o fascista Fraga Iribarne foise tamém a tomar polo cú :-)



33
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-20 00:27

Certo, certo: Xose L. O BNG tivo cen mil votos mais que nas eleicións do 14-M. O PSOE e o BNG suman conxuntamente cento dez mil votos mais que o PP. A conclusión, obviamente, é que Rajoy gañou, non si?



34
De: tolinha Fecha: 2005-06-20 17:22

parabens, pawley, polo artigo e mais pola intervencion onte á noite no chat de vieiros.

palabras sabias, tranquilas e ao mesmo tempo con entusiasmo.

falamos o luns, logo :)



35
De: Uno que pasaba Fecha: 2005-06-20 22:06

No conozco a ningún "bloqueiro/a" guapo/a. Todos son feos, gordos, calvos, bajitos o feos como el demonio.

Sin embargo, los que conozco presumen de ser "a elite intelectual da Galiza", van de mega intelectuales y son hiper-pedantes.

El nacionalismo: ¿una píldora contra los complejos?



36
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-21 02:03

Grazas, tolinha; recoñezo que un certo optimismo é natural en min, ou quizá mais ben é que procuro non ver o vaso baleiro até que en efecto está baleiro. O certo é que polo de agora o vaso está mais que mediado, e imos acabar enchéndoo.

Uno que pensaba, que reflexión tan profunda, si señor! Iso si que é unha argumentación boa, boa: os bloqueiros non son guapos. De feito, atópaos tan pouco atractivos que non lle chega con dicir unha vez que son feos senón que o di dúas veces... En fin, pois iso: que para guapo, Jaime Pita.



37
De: Martin Pawley Fecha: 2005-06-21 02:05

Síntoo, síntoo, perdón; perdón por confundirlle o pseudónimo, e dun xeito inxustificábel ademais, porque vostede pasar, pasaba, pero pensar, o que se di pensar...



38
De: Mesmamente Fecha: 2005-06-21 12:14

Juaaaas, encántanme os argumentos de xentes como "Uno que pasaba" e similares para lexitimar as súas opcións políticas e deslixitimar as alleas. Si señor, esta xentiña si que che sabe dar argumentos políticos de peso. Ademais xustificados: para ghuapo, ghuapo Manuel Fraga nos carteis electorais con que nos deleitou nos últimos quince anos con ese imparábel rexuvenecemento. Desta volta ata lle pararon os ollos verdes, oian! Ten razón, Uno que pasaba, moita razón, coido que a xente debería ter máis en conta os criterios estéticos para votar e, dende logo, nese sentido o pepé gaña por moito: aí temos o fermoso cute de Don't Manuel ou da señora Aguirre co aire xuvenil que lle dá ese perenne acné, ou aquel memorábel bigote que o señor Aznar cultivou para ocultar un labio superior paralizado tras unha pelexa cando militaba na extrema dereita, e que me din da saudábel cor tinto mencía que ilumina o rostro do clan Baltar? Si, Uno que pasaba, deixémonos xa de tonterías, para que queremos candidatos que nos falen da situación do país, que nos aburran con argumentos políticos? O importante é que dean ben na foto, e cando a natureza xa non o permita para iso temos o photoshop, non si?



39
De: Anónimo Fecha: 2005-06-22 18:22

O BNG FOI VICTIMA DO VOTO UTIL E EM VIGO POR COLABORAR CO PP NO CONCELLO E APROVALO PLAN XERAL DE URBANISMO



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley