Abren e pechan os ollos, sorrín, chupan o dedo, proban o líquido amniótico, moven os brazos, dan patadas. No Mundo De Dentro o feto humano vai adquirindo pouco a pouco os ritmos e os comportamentos que lle servirán logo para desenvolverse mellor no Mundo De Fora. É tamén no ventre materno onde fabrican os seus primeiros recordos. Con trinta e dúas semanas o feto mesmo pode chegar a familiarizarse cos sons e as músicas que escoita, atopando nelas mais adiante a tranquilidade que nos producen as cousas coñecidas.
Benvida sexas, Alicia. Que bon momento para nacer é a primavera.
¶
Da guerra, da guerra; o sábado quince de marzo de 2003, para ser mais exactos. Despois da mani paramos a tomar algo e logo a feliz parella e mais eu asistimos a un estupendo concerto dos Pernice Brothers no Playa Club.
Gracias Gusa, si que nos lembramos dos días nos que parece ser que so sabiamos andar tras das pancartas, agora iso cambiou.
Gracias Peke, tentarémolo, tentarémolo...
Alicia e case tan guapa cama a súa nai.
Por certo, Gusa cometeu un grave erro ó non vir connosco ó concerto dos Pernice Brothers.
A mín gostanme os nomes sen traduccións, por aquelo da diversidade, je je, pero seguro que alguén xa reaparou no que ocorre se ó nome da nena lle engaden un G á ESQUERDA; o nome elixiuno (magnificamente) a nai.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.