caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Jon Sistiaga na Coruña
> Jon Sistiaga na Coruña <

No coloquio que segue á súa conferencia pregúntolle a Jon Sistiaga se cre de verdade que hai algunha variación significativa no número global de vítimas do terrorismo na actualidade fronte ao que se daba hai dez ou vinte anos. Respóndeme que si, e parece sincero e convencido das súas palabras. Non estou moi seguro de que os datos lle dean a razón; creo mais ben que o que aumentou espectacularmente non son tanto os mortos e feridos como a repercusión nos medios de comunicación dos actos terroristas, en boa parte pola innegábel brillantez escénica dalgúns deles. Ninguén de nós esqueceu o impacto das imaxes dos avións espetándose nas Torres Xemelgas ao mais puro estilo Jerry Bruckheimer, aínda que a min estarreceume mais o secuestro en outubro do 2002 dun teatro en Moscú por parte de terroristas chechenos, todo un exercizo de perverso refinamento que podería servir de argumento para un filme sobre as múltiples caras do mal, como pasa tamén cos monstrosos feitos da escola de Beslan. Ante sucesos coma estes hai quen gosta de tranquilizar a súa conciencia con algún sonoro exabrupto, e hai quen, porén, prefire pararse a reflexionar sobre a condición humana.

Jon Sistiaga insiste na xigantesca eficacia dos ataques suicidas, que permiten un rendemento máximo de cadáveres con mínimos custos, un verdadeiro paso adiante por parte dos xestores do terror. Fala con valentía, propoñendo cuestións moi suxerentes que en algúns casos xa reflectiu no seu libro Ninguna guerra se parece a otra. Sistiaga transmite sensación de rigor e credibilidade e ao mesmo tempo inspira confianza e cercanía: é a clase de persoa coa que me petaría ir tomar unhas cervexas.

A súa reportaxe sobre a feira da guerra de Abu Dhabi segue aparecendo de cando en cando polos meus pensamentos, cada vez que dou en reflexionar sobre a condición humana.

the night of the hunter: Testigo cinematográfico (eu tamén)

2005-05-26, 03:57 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/30082

Comentarios

1
De: regueifeiro Fecha: 2005-05-26 10:10

sinto non concordar en absoluto. o Jon Sistiaga para min é o típico exemplo de xornalista que gosta de darse un aire de antisistema e logo non é máis que outro pesebreiro máis. o seu posicionamento antieslavo e pro-OTAN na guerra de Kosova, as súas "reportaxes" tentando vencellar ás FARC coas mafias internacionais da coca e as súas peculiares "reportaxes" anti-MLNV o demostran. por non falar da súa atitude de merda cando mataron a Xosé Couso, o seu cámara. apenas se lle escoitou protestar. non fose ser que perdese o seu posto de traballo.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-26 21:58

Penso que é vostede moi inxusto, regueifeiro. Non é verdade que "non se lle escoitase protestar" cando mataron a Couso: falou moito e moitas veces; outra cousa ben distinta é que boa parte dos medios -empezando polos públicos- mirasen daquela para outra parte. O libro de Sistiaga seguramente nin sequera existiría se Couso non fora asasinado no Irak. Non me parece que Sistiaga maltrate especialmente ao "MLNV", e espero que non estea vostede confundido ao MLNV, así en xeral, coa banda criminal ETA, cos imbéciles violentos de Jarrai ou cos políticos de cuarto de pelo de Batasuna, xentes todas elas que admiten críticas numerosas e moi variadas. Dificil é falar das FARC sen falar da coca, e non é Sistiaga o único a facelo, así que non sei que ten de raro iso (permítome lembrarlle que as FARC non son precisamente os Zapatistas). E reducir a barbarie das diferentes guerras na ex-república de Iugoslavia a unhas "posicións pro-OTAN" ou "anti-OTAN" paréceme unha xigantesca bobada.



3
De: regueifeiro Fecha: 2005-05-27 08:58

Por partes:

-O MLNV é o que é dende hai tres décadas, non o invento nen o delimito eu, e ETA, queras que si queras que non, fai parte do mesmo. Aínda así o que eu critico deste home é o furibundo antinacionalismo vasco que demostrou nas reportaxes. Agravado polo feito de ser vasco.

-Calquera reportaxe sobre o mercado da coca en Colombia que o relacione coas FARC e non o relacione cos paramilitares, o governo e os USA é unha reportaxe parcial e interesada. Como case todo o que fixo este home, por encárrego. Agora se rumorea o vencello de certos xornalistas como Reverte coa CIA. Non sería de estrañar que este home fose do clube, de ahi a súa tibieza cando o de Couso.

-Polo que eu lembro a este home o mandaron ao principio a cobrer a represión e o éxodo dos albanokosovares até Albania. Ahi posicionouse claramente contra Serbia. Até ahi ben, dentro do que cabe. Pero logo cando comezou a guerra en sí el ficou en Belgrado de corresponsal. E o seu perverso maniqueismo antieslavo continuou e até se agudizou, facendo unhas crónicas enormemente perversas e parciais. Tiñas que terlle preguntado pola sua opinion sobre a situación actual da minoría eslava en Kosova, a ver que opina.

-El, por ser compañeiro de Couso, tiñase que ter convertido no ariete da campaña. Pero non, limitouse a conceder entrevistas cheas de ambiguidade e conformismo. Unha traición á memoria do seu compañeiro.

Eu entendo que é moi dificil ser xornalista hoxe en día porque as liñas editoriais as marcan os medios e o capital que os financia. Pero se ves a traxectoria de Sistiaga, suposto xornalista oficial progre, vés que sempre estivo do lado dos que pagan as novas. Por iso eu non lle quero poñer esa medalla.



4
De: Moebius Fecha: 2005-05-27 19:00

Ahora resulta que los vascos tenemos que ser nacionalistas por cojones.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-27 20:15

Polo que vexo, regueifeiro, o seu xeito de ver a realidade é moi diferente do meu, así que aquí non hai debate posíbel.



6
De: regueifeiro Fecha: 2005-05-27 23:30

Moebius, non digo que teñades que ser nacionalistas por cojones. Pero non é o mesmo non ser nacionalista que ser antinacionalista.

Martin Pawley, se visemos a realidade do mesmo xeito non poderiamos debater porque opinariamos o mesmo.

Aguardo que non se malinterprete o ton das miñas opinións. Non pretendo ofender a ninguén. Só opinar e argumentar.

saúdos amábeis



7
De: Moebius Fecha: 2005-05-28 00:13

No soy antinacionalista, sólo estoy contra los que no respetan la democracia. Muchos de los nacionalistas son demócratas, quizá le diría que la gran mayoría de los que conozco. Pero sí soy radical y convencidamente no-nacionalista y le aseguro, que lo de ser vasco, me ayuda a pensar de esta manera.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-28 16:41

regueifeiro, non é cuestión de malinterpretación, e por suposto pode estar seguro de que non me sentín ofendido polas súas palabras. Ao que me refiro é que eu non vexo "antinacionalismo" onde você si o ve, e tampouco vexo o "pesebrismo", honestamente. Nese senso é onde non é posíbel o debate: como moito podemos repetir unha e outra vez as nosas posturas respectivas, pero nada mais. Non é cuestión de que interpretemos de diferente xeito a realidade, senón que nin sequera vemos nese aspecto (noutro moitos si) a mesma realidade. Tan só é iso.

Moebius, encantaríame poder falar algún día con vostede, porque non acabo de entender ben de todo a súa forma de ver o mundo: non sei se estou moi de acordo, algo de acordo, ou nada de acordo con vostede.



9
De: Moebius Fecha: 2005-05-28 20:11

A mí tampoco me disgustaría hablar con usted, al menos sé que cinematográfica y musicalmente no tiene mal gusto y sí, también escribe bien (aunque la verdad es que, siendo sincero, de Blogalia, prefiero a Vendell, en parte pq utiliza más el castellano). Y respecto al nacionalismo, lo que intentaba decir antes, no lo comparto, ni mucho menos, pero estoy aún más de lejos de pensar que es antidemocrático. Además, dicen que es algo que se suele curar viajando ;-)



10
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-29 01:49

Non se preocupe, Moebius: eu tamén prefiro, con moito, a Vendell.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley