Inicio > Historias > Outras Vozes: "A Terra que Garoa", por Cayo Candido
> Outras Vozes: "A Terra que Garoa", por Cayo Candido <
Cayo é novo, moi novo, insultantemente novo. Eu souben del hai varios meses, primeiro por un curioso blog no que participa, o Tabajara Futebol Clube, e logo pola súa propria bitácora, actualmente neste enderezo. Grazas a el descubrín a poesía de Thiago de Mello, aqueles Estatutos do Homem que non me resistín a ponher aquí eu tamén e que logo serviron para que un músico xenial chamado Daniel Taubkin chegase até estas páxinas e acabase regalándome a beleza dos seus discos. Son as cousas que ten Internet, esa rede que por riba de todo nos serve, por estranho que a algúns lhes pareza, para comunicar.
Eu non deixo nunca de sorprenderme co que o Cayo di e escribe. De sorprenderme, e de alegrarme. Alégrame que aínda haxa quen coa súa idade amose interese por Chico Buarque e por Elis Regina, por Clarice Lispector ou por O encouraçado Potemkim. Pedinlhe ao Cayo que escribise algo para os meus días estranhos e ofereceume un poema escrito "num dia frio de São Paulo, quando bate uma tristeza". Aquí o tenhen:
A Terra que Garoa (Refrão)
Em São Paulo garoou
Fez frio
Uma criança chorou
Dentro dos grossos casacos
Grossos corações
Grossas solidões...
A Garoa que cai é fina
Porém insiste.
E é fria...
Frio é o meu coração.
Essa garoa fina que espessa o caminho
Que não me deixa ir além dos prédios cinzentos
Das ruas asfaltadas...
Além do meu coração.
Pra lá de São Paulo
Eis o meu refrão
Pra lá de São Paulo
Lá está meu coração
Aqui na São Paulo
Eis meu refrão
Faz frio e a garoa volta.
Volta pra tocar a solidão,
Volta pra entoar o meu refrão...
senalcume, imaxino que o seu comentario pertence mais ben ao seguinte post, o de "Já sei bloguear". En todo caso, direilhe que non, que non vou asesorar a ningún candidato. De facelo, diríalhes que non se presentasen.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.