O PP de Fraga segue sendo a forza mais votada e acada 36 ou 37 deputados nas eleicións do 19-X, pero ao non obter a maioría absoluta fica aberta a porta dun pacto de governo PSOE-BNG. O reconto do voto emigrante, adiado durante días, acaba corrixindo os resultados outorgando un escano mais ao PP nun par de provincias. Fraga é entón reelixido como presidente da Xunta co apoio dos 38 deputados do seu grupo parlamentario.
¶
Gañe quen gañe, non será por uso consciente do aparato democrático. Aquí a xente vota do mesmo xeito que vai á misa: por unha sorte de "obriga" cidadá, non importa se de índole relixiosa ou civil. A ninguén importa o fundamento ideolóxico, porque iso no fundo son parvadas: é evidente que ninguén, ainda que o afirme, vaia xerir os cartos de todos como se non fosen seus. Ao fin, para que pasar tanto traballo no mundo da política se non é mais que un tipo de investimento, un outro proxecto de vida empresarial?
A risco de parecer escéptico:
Impresionante o de Cândido Castro: "un outro proxecto de vida empresarial", imposible de definir mellor.
A bon entendedor...
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.