caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dez cousas que non me interesan nada de nada
> Dez cousas que non me interesan nada de nada <

Os bolígrafos
As corridas de touros
As noticias de Antena 3
Os coches (e as motos)
O antigo Exipto
O flamenco
O futebol
Os livros de Harry Potter
O jazz latino
A clockwork orange, 2001 e en xeral canto fixo Stanley Kubrick (con dúas ou tres honrosas excepcións)
A novela histórica
O PSdeG-PSOE
Os reloxios
O whisky con xeo
Todas as expresións de saudade e nostalxia por tempos afortunadamente superados

2005-05-01, 19:39 | 16 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/29328

Comentarios

1
De: peke Fecha: 2005-05-01 20:11

Coma sempre, Martin, son máis de dez. (O de Harry Potter non llo perdoo).



2
De: jorge Fecha: 2005-05-01 21:21

Tódalas xeneralizacións acarrean ixustiza:
1 Non sinto un especial aprecio polos bolis pero úsoos moito e procuro levar sempre un encima, igual que vostede (iso si, sempre de publicidade ou o máis barato que me vendan no centro do universo.
2 Desprecio as corridas de toros, nin sequera sei porque se chaman así.
3 O coche é para mín moi útil, se vostede tivese vivido nos setenta-oitenta nalgunha das aldeas galegas comprenderíao, e non falo de aldeas remotas, non, a escasos 20 kilómetros de pacolandia.
4 Nunca me adiquei a informarme sobre o antigo Exipto pero recoñezo que me parece un tema que algún día mercarei un libro...
5 O flamenco, coma tódolos estilos musicais ten cousas interesantes, moi poucas, pero algunha ten.
6 Nunca me gustou (e empezo a aborrecer) o fútbol televisado pero cando era rapaz disfrutaba moi poucas cousas tanto como os partidos cos amigos, é o primeiro proxecto común que eu como neno tiven con outros nenos. Esa ilusión de buscar equipamento, distribuir os postos...
7 Calquera libro que axude a que os nenos lean máis e lles pique o "gusanillo" da lectura merece o meu respeto, coma case todos os da miña xeración eu empecei cos Cinco e os Hollister.
8 No jazz latino tamén hai cousas interesantes, menos aínda que no flamenco pero algunha hai.
9 Kubrick era un maestro incuestionable, un estudioso, un xenio, pero, coma todos, con detractores, vostede mesmo recoñecelle tres "honrosas" escepcións, iso xa non é non sentir ningún interese.
10 É bastante probable que o pesedega-pesoe axude algún día a apartar ós caciques da xunta, ¿de verdade o bloque lle merece máis interese?
11 Gustame saber a hora, aínda que recoñezo que dende que o meu xefe me obrigou a ter teléfono móvil saquei o reloxo (de 10 euros) que levaba na muñeca e NUNCA MÁIS.
12 Prove co whiskey nos xeados, ou nas fresas con nata.
13 Non acostumbro a ter nostalxia doutros tempos pero dalgunhas persoas que me faltan ou están lonxe si, co cal outros tempos nos que estaban esas persoas si que me sacas ás veces comentarios nostalxicos.
Sintoo, non encontrei nada positivo que dicir das corridas de toros, pero si que encontro moitas cousas positivas que dicir do Sr. Pawley (Mr. Hunter), entre elas que non hai moito arranqueille uns piropos a Kubrick, je je.
Saúdos (esta semana teños as tardes libres ¿vostede ten algunha?



3
De: Vendell Fecha: 2005-05-01 22:49

Quede na penumbra, poña algo de Gonzalo Rubalcaba e tómese un Lagavulin sen xeo. E se entón non disfruta aínda que sexan 5 minutos entón xa pode descartalos pra sempre.



4
De: Cesare Fecha: 2005-05-01 23:20

Discrepo co do flamenco e con harrypotter. :)



5
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-02 01:51

Peke, o único personaxe que me interesa aínda menos que Harry Potter debe ser Manolito Gafotas. E Elvira Lindo, así en xeral, incluído o seu marido.

Jorge, puntualizo eu tamén:

Bolígrafos eu non uso. Sempre estilográficas, das que tenho un feixe. Bolígrafo só tenho a man un que me regalaron hai uns anos, que eu para iso sonlhes moi sentido. Pero o meu, coma ben sabe você, son as plumas estilográficas (e tamén os lapis)
As corridas de touros, nada que obxectar.
Os coches: non nego a súa xigantesca utilidade, pero eu síntome incapaz de sentir o mais mínimo interese estético ou emocional por eles. Moi útil tamén é a manga do café, e non acabo de colherlhe agarimo. A relación case de dependencia que algunha xente estabelece cos seus medios de transporte é algo que se me escapa totalmente: a min o único que me parece verdadeiramente fascinante é o tren, que vén sendo como viaxar dentro dun travelling.
Exipto. Pois si. E os aztecas, os maias e as mais remotas dinastías chinesas, e en xeral toda a historia antiga: son temas que non ocupan nada do meu tempo. En xeral prefiro ter noticia de xente que non leva demasiados séculos morta.
O flamenco fica moi lonxe do que eu atopo musicalmente agradável, aínda que na radio Ramón Trecet soía dicir que o meu admiradísimo Nusrat Fateh Ali Khan era o melhor cantaor do mundo. Boutades aparte, se eu dixese que non gostaba nada da música sufí, un suponher, alguén diría algo?
O futebol: referíame, por suposto, a eses grandes campionatos que ocupan quince minutos diarios nas noticias, haxa ou non algo novo que contar.
Harry Potter: respeito, todo, pero non é iso do que eu falo. Nada do que eu procuro nun livro aparece nos que escribe a senhora Rowling. Simplesmente iso.
Do jazz latino gostei cando era mentalmente adolescente, esa etapa da vida na que alguén pode amosar curiosidade por xente como Alejandro Amenábar ou Lars von Trier. Paquito D'Rivera, Arturo Sandoval, esas cousas. Por fortuna, fíxenme maior. De todos xeitos, confeso que parte do meu desapego polo jazz latino é culpa de Fernando Trueba, o mesmo que me fixo perder o pouco interese que me quedaba por Carlinhos Brown.
Kubrick era un mal becho que protagonizou algunhas das historias mais sinistras da historia do cinema. Tinha estilo, sen dúvida, pero o seu odio pola humanidade transmítese con evidente forza nos seus filmes, en especial naqueles mais persoais, que son xustamente os que eu considero mais detestáveis. Está moi lonxe non só das minhas coordenadas estéticas, senón tamén dos meus referentes emocionais e ideolóxicos.
Do PSdeG non podo esperar absolutamente nada mentres tenha como cabezas mais destacadas esas que vostede sabe. Do PSOE, a secas, quizá si. O BNG inspírame moito mais interese, e o PP tamén, o cal non quere dicir que sinta por ambos moita simpatía.
Nin tenho reloxio, nin gosto deles. Por suposto si que quero saber a hora, pero para iso tenho o móvil, que tamén serve de axenda, de despertador e, incluso, de teléfono.
Soio beber whisky de ano en ano ou cousa parecida, algunha vez con chiculate e sempre sen xeo (e Vendell pode dar fe). O que sucede é que en xeral nunca bebo cousas con alta graduación. Nin whisky, nin coñac, nin vodka, nin xenebra, nin tequila, nin ron, nin nada diso: só licor café e ás veces augardentes de herbas. Eu son de vinho, fundamentalmente (creo que era John Huston o que dixo que de poder volver á súa xuventude mudaría dúas cousas na súa vida: nacionalizarse irlandés xa de novo e beber mais vinho e menos licor).
O dos tempos pasados: rebéntame moitismo esa tendencia tan frecuente a facer toda sorte de operacións nostalxia. A recuperar con agarimo velhos e rancios manuais escolares, a considerar "clásica" calquera merda feita hai vinte anos, a ocupar horas e horas de celuloide e de TV lembrando sen ningún espírito crítico épocas relativamente recentes e distorsionadas pola lente da saudade íntima do guionista... O recordo das persoas e experiencias vividas é algo esencial na vida de cada un; o absurdo é querer que esas experiencias persoais tamén deban ser relevantes para os que venhen despois, sen deixarlhes espazo para construiren as súas proprias análises.

Vendell, participaría con mais interese do Lagavulin ese que do Rubalcaba. Pero, vaia, podía ser peor: podía terme citado a Bebo e o Cigala... ;-)

Cesare, reconhézao: tamén discrepa no dos coches e no do futebol, como mínimo.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-02 01:52

Acabo de incorporar á lista unha cousa importante que me esquecera:

As noticias de Antena 3 TV



7
De: ElPez Fecha: 2005-05-02 08:54

Para no interesarle nada de nada de esa lista, Pawley, le dedica bastante tiempo. Pero así somos: paradójicos, n'est-ce pas?



8
De: Moebius Fecha: 2005-05-02 12:07

En 2001, lo de los monos estaba bien. Y en novela histórica, no sé si habrá leído Q de Luther Blisset (son cuatro escritores) , estoy convencido de que le resultaría interesante.



9
De: TeRMi Fecha: 2005-05-02 21:29

Kubrick!
Kubrick é un xenio. Outra cousa é que no che guste o seu estilo.
Unha dúbida: ¿Cales son esas honrosas excepcións?
Non sei que hay de malo en ter un odio pola humanidade, aínda así eu creo que non e tan misántropo (dise así, non?¿) coma pensas



10
De: TeRMi Fecha: 2005-05-02 21:30

olvidouse por un XD despois de humanidade, xa que era ironico



11
De: Martin Pawley Fecha: 2005-05-02 23:53

Pois non acabo de entender ben o seu comentario, Pez. Digo eu que para saber que algo non che interesa nada, que non vas ocupar mais tempo con iso, primeiro terás que adicarlhe un pouco de atención, non si? Non podo dicir que non me interesan aquelas cousas das que non sei nada.

Moebius, non lin "Q"; apúntoa en lista de espera.

TeRMi, imaxino que entenderá que ao seu comentario 9 eu podo replicar; "Kubrick é patético; outra cousa é que che guste o seu estilo". As honrosas excepcións son as dúas que fixo con Kirk Douglas, "Paths of glory" e "Spartacus", e (algo) "Dr. Strangelove". Ningunha das tres, contodo, figuraría nunha lista dos meus filmes favoritos, a non ser que me deixasen escolher tres centos ou catro centos títulos.



12
De: Cayo... Fecha: 2005-05-03 01:49

hehehe... Harry Potter e Futebol eu concordo... Alguns outros desconheço, então não posso dar uma opinião concreta... Bem, se você diz qe Kubrick é patético, deve ter lá seus bons motivos...
Até...



13
De: Anónimo Fecha: 2005-05-03 03:52

Aquí tampouco son moi partidarios do jazz latino.



14
De: monstro horrendo Fecha: 2005-05-03 11:16

A minha lista é mais extensa... mas todas essas, temos em comum. ;-]



15
De: TeRMi Fecha: 2005-05-03 22:33

Vieiros de gloria (xD) é un peliculón tremendo.
Así como o é a chaqueta metálica. Eu namoreime da maldita naranxa mecánica. Pero sempre gustarame mais vieiros de gloria que ningunha outra.



16
De: Fannybrice Fecha: 2005-05-06 11:08

1. Discrepo en lo de Harry Potter; las pelis son prescindibles pero los libros... no tanto. Ojalá se me hubieran ocurrido a mí; la de pelis que podría comprarme con tanta libra suelta.

2. Kubrik, ahí coincido en algo; me interesa "Atraco perfecto" y curiosamente he aprendido a apreciar "Eyes wide shut", no me preguntes por qué. La primera vez que la vi salí cabreada del cine, pero la segunda no tanto, aunque suprimiría a Cruise directamente y lo sustituiría por... Cary Grant resucitado.

3. Donde esté mi Montblanc y los Pilot... que se quite el bic. Y no hay nada como un portaminas del 0.7.

4. Añadiría GranHermano&derivados, CrónicasMarcianas&derivados (exceptuando Buenafuente), SalsaRosa&derivados. Vamos, el 90% de la teleprogramación actual.

5. De acuerdo en cuanto al fútbol, en especial vomitivo todo lo galáctico. Pero hasta la Real Sociedad, de la que inexplicablemente fui socia hace veinte años durante un par de temporadas, me pone de los nerviosssss. Qué desperdicio.

6. Eso, cualquier tiempo pasado no fue mejor.

Saludos salitrosos desde Donostia.

I.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley