Mellor película, mellor director (Clint Eastwood), mellor actriz (Hilary Swank) e mellor actor de reparto (Morgan Freeman): Million dollar baby
Despois da tan electrizante como reaccionaria
Mystic river, Clint Eastwood, o director xenial de
Unforgiven e
Midnight in the garden of good and evil mais tamén o autor dunha chea de cousas francamente mediocres, sorpréndenos cunha incontestábel obra mestra, sen dúbida o mais valioso dos seus traballos. Tan boa e tan emocionante que un mesmo é capaz de perdoarlle as súas deficiencias. Pouco importa que a boxeadora xermana pareza saída de
A ameaza fantasma ou que se lle fose un pouco a man no retrato demasiado negativo da familia da protagonista. Tanto ten:
Million dollar baby será unha das grandes películas do ano, unha xoia que se achega ao difícil tema da eutanasia coa profunda e honesta simplicidade da que carecen
outras. Tres magníficas interpretacións -non sei cal delas é mellor- coroan unha obra absolutamente imprescindíbel.
Mellor dirección artística, mellor vestuario, mellor montaxe, mellor actriz de reparto (Cate Blanchett) e mellor fotografía: The aviator
Todos esperabamos que
The aviator fose unha espléndida película, a última superprodución dun cineasta que hai só dous anos demostrou o seu pulso vibrante coa arrebatadora
Gangs of New York. Non é así. Aínda recoñecendo o seu vigor visual e a inspiración que ocasionalmente asoma nela eu non podo evitar sentir unha verdadeira decepción, porque Howard Hughes daba para máis, porque Scorsese daba para máis. Leonardo DiCaprio segue sendo un moi bon actor, e Alan Alda fai o que pode para dar algo de corpo ao seu breve e algo esluído papel de senador corrupto. Da premiada caricatura que Cate Blanchett fai de Katharine Hepburn prefiro non falar. O mellor: que sae, cantando, Rufus Wainwright.
Premio honorífico: Sidney Lumet
Twelve angry men.
Serpico.
Dog day afternoon.
Network.
Equus.
The Verdict. Pois iso, que xa lle tocaba. E o ano que vén, Robert Mulligan, por favor.
Mellor música orixinal: Finding Neverland
Finding Neverland é branda, moi branda, molestamente branda, absurdamente branda. Esquecibelmente branda. E a música? A música ben, grazas.
Mellor canción orixinal: Diarios de motocicleta
Ao final, Jorge Drexler si puido cantar na cerimonia, facéndonos esquecer a pavorosa interpretación que Antonio Banderas e Carlos Santana fixeron da súa canción. Do filme,
un dos meus favoritos do 2004, faleilles
aquí.
Mellor película de fala non inglesa: Mar adentro
Agora venderán aínda mais DVDs. Que lles aproveite.
Xa lles dixen que me parece bastante cativa.
Mellor actor (Jamie Foxx) e mellor sonido: Ray
Ray está feita para gostar. Iso é todo. Se queren cine, vaian ver outra.
Lista completa de premios:
Mellor dirección artística: The aviator (Dirección artística, Dante Ferretti; Decorados: Francesca Lo Schiavo)
Mellor actor de reparto: Morgan Freeman (
Million dollar baby)
Mellor película de animación: The Incredibles
Mellor maquillaxe: Valli O�Reilly e Bill Corso (
Lemony Snicket�s A Series of Unfortunate Events)
Mellor vestuario: Sandy Powell (
The aviator)
Mellor actriz de reparto: Cate Blanchett (
The aviator)
Mellor longametraxe documental: Born into Brothels: Calcutta's Red Light Kids (EE.UU.-India), de Zana Briski e Ross Kauffman
Mellor montaxe: Thelma Schoonmaker (
The aviator)
Mellor guión adaptado: Alexander Payne e Jim Taylor (
Sideways)
Mellores efectos visuais: John Dykstra, Scott Stokdyk, Anthony LaMolinara e John Frazier (
Spider-Man 2)
Óscar honorífico: Sidney Lumet.
Mellor curtametraxe de imaxe real: Wasp, de Andrea Arnold
Mellor curtametraxe de animación: Ryan, de Chris Landreth
Mellor fotografía: Robert Richardson (
The aviator)
Mellor sonido: Scott Millan, Greg Orloff, Bob Beemer e Steve Cantamessa (
Ray)
Mellor edición de sonido: Michael Silvers e Randy Thom (
The Incredibles)
Mellor curtametraxe documental: Mighty Times: The Children�s March, de Robert Hudson e Bobby Houston
Mellor música orixinal: Jan A. P. Kaczmarek (
Finding Neverland)
Mellor canción: "Al otro lado del río", de Jorge Drexler (
Diarios de motocicleta)
Mellor actriz: Hilary Swank (
Million dollar baby)
Mellor película estranxeira: Mar adentro, de Alejandro Amenábar (España)
Mellor guión orixinal: Charlie Kaufman, Michael Gondry e Pierre Bismuth (
Eternal sunshine of the spotless mind)
Mellor actor: Jamie Foxx (
Ray)
Mellor director: Clint Eastwood (
Million dollar baby)
Mellor película: Million dollar baby, de Clint Eastwood
dos arquivos estranhos:
And the Oscar goes to... (2/03/2004)
And the Oscar goes to... (24/03/2003)
¶