Ganhará
o director que o merece ou
aquel ao que lho deben? Sorprenderá a Academia premiando
unha interpretación colosal ou se decantará pola
boa esposa? Optarán pola caricatura torpe que fai Cate Blanchett ou pola louzanía esplendorosa de Natalie Portman? Acabará por fin o longo culebrón Amenábar? Teremos boas noticias antes das
7:35 da manhá? Todas estas preguntas estarán completamente resoltas manhá á hora do almorzo, e para daquela terán nestes
días estranhos e no meu blog cinéfilo
the night of the hunter crónica dos galardóns e a minha valoración tan sabia como cáustica dos filmes correspondentes (dito sexa coa modestia que me caracteriza). Non de todos, claro: só dos que vin, que para o outro xa tenhen ao da
Coz.
¶