Hai
dúas semanas faleilhes de Daniel Taubkin, un cantor, compositor, arranxador e instrumentista brasileiro. Conteilhes que o Daniel chegou ao meu blogue procurando información sobre o poeta
Thiago de Mello e gostou do que eu aquí fago e escribo, e con amabilidade que nunca lhe agradecerei dabondo decidiuse a escribirme un e-mail falándome da súa música e preguntándome como podía facer para enviarme o seu novo disco,
Uma beleza estranha. Ese disco está soando agora mesmo no meu ordenador: onte recibín correo de São Paulo, o envío que o Daniel prometera; e para a minha sorpresa vinha non só o
Uma beleza estranha senón tamén o seu trabalho anterior,
BRAzSIL.
Son obras completamente diferentes.
BRAzSIL é mais heteroxéneo e variado -
ele é colorido, ele é multicolor!-. Contando coa participación dun conxunto de mais de setenta músicos entre os que destacan Dori Caymmi ou Egberto Gismonti, Daniel Taubkin creou unha música na que achamos as pegadas de Tom Jobim e dos ritmos folclóricos, mesmo indíxenas -hai até unha canción cantada en guaraní-, que alimentan un disco verdadeiramente agradável, un exemplo de MPB moderna e elegante no que sobresaen cancións como
Chuva de manga,
João (adicada a un dos
pais fundadores da música do Brasil, João Gilberto) ou
Brilho, ademais desa colaboración de luxo que é a do xa citado Thiago de Mello.
Uma beleza estranha é simplesmente unha maravilha, unha desas obras que convidan a un a deixarse levar, mecido pola beleza do seu son refinado e suave; a perfeita demostración de que
menos é mais, de que reducindo ao mínimo os recursos expresivos, xogando cos silencios e coas pausas, podemos obter resultados espectacularmente conmovedores. Tenho dúas cancións favoritas; depende do momento en que me pregunten escolhería unha ou outra. Agora mesmo diría
Pote de ouro, mas quizá manhá, a esta mesma hora, optase por
Caprichos, aínda que realmente non hai nin un só tema que puidera considerar prescindível. Unha xoia, fáganme caso. Poden comprobalo vostedes mesmos escoitándoo
aquí (abran a ligazón co Real Player).
Pote de ouro
Música: Daniel Taubkin
Letra: Ciro Pessoa
seu silêncio é mais que um pote de ouro
tesouro, me faz esquecer
são pegadas na areia da praia deserta
o que resta, o que fica, o que vai
sua voz quando fala amplifica
multiplica o sentido e a vida me traz o que sou
sou a sombra da voz que você irradia
de dia, a noite se faz
sou o vento lá fora soprando aqui dentro
o centro incerto no ar
sua voz quando fala amplifica
multiplica o sentido e a vida me traz
o que é
seu silêncio é uma flecha num alvo vazio
alívio, desvio e paz
é uma pluma dançando na beira de um rio
viaja no nada...
seu silêncio é uma flecha num alvo vazio
alívio, desvio e paz
é uma pluma dançando na beira de um rio
viaja no nada e cai.
* ciao amore, ciao amore, ciao...
(* Música de Luigi Tenco)
¶