caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Que língua é essa?
> Que língua é essa? <

Hai uns días deixei un comentario na Carta aberta que fai o Cesar Valente desde Santa Catarina, alá no Brasil. O que escribín chamou a atención de dúas leitores daquel magnífico blog, algo perplexas pola estranha lingua por min empregada; poden lelo todo aquí. Será espanhol? Será que é catalán? O que será?

O da lingua galega é un deses problemas que parecen incrivelmente complexos, cando a verdade é xusto a contraria: é moi simples de resolver a pouco que se tenha algo de vontade. Paréceme moi elemental que a atitude isolacionista non conduce a ningures; e falo de atitude, mais que de normativa ortográfica, porque un espírito igualmente isolacionista percíbese tamén con moita frecuencia entre persoas que fan uso dunha forma expresiva aparentemente próxima á da lingua portuguesa (que, dito sexa ao paso, non se acaba en Lisboa). Contodo eu non son o mais indicado para meterme en rigorosas batalhas filolóxicas, pois non posúo a necesaria competencia na materia; o meu afastamento leve -mais na forma que no fondo, se iso for posível- da actual normativa oficial do galego naceu a xeito de pequena provocación que, para a minha sorpresa, non pareceu estorvarlhe a ninguén, nin a uns, nin a outros; ou quizá é que estorvase a todos por igual. Quen lhes debera falar sobre o tema este da lingua é o meu amigo Omar, que da man do galego(portugués) chegou até o Brasil e alí ficou. Agardo que algún día reabra o seu blog; mas até entón poden entreterse con varios posts fantásticos que lhes servirán para saber mais da cuestión: A ficção da cooficialidade, Normas enormes / normas inermes, Lingua(jare)s. Perversões normativas e tamén os seus Excursos pelas margens do português.

En fin. O que temos é o que temos, e mais nada, mas o que hoxe quería eu destacar aquí é que as palavras da Tereza e da Meg no choio do Cesar resultan profundamente reveladoras dun único feito: fora da Galiza non existimos, ou existimos moi pouco. É que non lhes caiba a mais mínima dúvida: a culpa é toda nosa, por non saber espalhar a cultura propria nin sequera entre aqueles que terían mais doado entendela.

2005-02-14, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/26633

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley