Acostumados a que todo canto se refire a Euskal Herria acabe sendo orixe de discusións encendidas nas que até os mais mínimos detalhes poden ser empregados coma arma arroxadiza, sorprende un pouco que sexa xustamente naquel país onde se estean producindo algunhas das mostras de humor mais ousado e fresco que se poden atopar por esta parte de Europa. Sorprende mais aínda que tales cousas sucedan en medios de comunicación próximos ao poder, como é o caso da ETB ou o
Deia. A minha opinión é que aos políticos non lhes importa
deixar facer durante algún tempo porque como carecen de humor non saben da súa forza e por iso non lhe tenhen medo: dan por suposto que a xente non se toma en serio as cousas que se din rindo. Unha sátira intelixente dalhes o mesmo, talvez nin sequera a lean e de facelo é case seguro que non a entenderán; un artigo absurdo aparentemente feito con rigor polo mais estúpido dos opinadores de prensa, pode, porén, provocarlhes fortes ataques de ansiedade. Os políticos non len poesía, nin van ao cine, e ademais soen rir pouco: por iso fan logo o que fan.
Chegoume hoxe por correo un envío de
Madame Jaio que contén dous livros, dous:
Para muestra un Borbón, unha compilación de cincuenta números do
Caduca Hoy; e
Todos nacemos vascos, de Óscar Terol, guionista de
Vaya semanita, programa que me encantaría ver algún ano destes, e do cal publicaba hai días un fragmento o noso pequeno amigo
Oier. Unha aposta provocadora e valente por botarlhe humor a todas as cuestións, incluídas aquelas que poden estar tinxidas ás veces dun certo dramatismo.
Non tiven tempo, como é lóxico, de ler mais alá dunhas poucas páxinas de
Todos nacemos vascos. Si puiden folhear con delectación as dos
Caduca Hoy, magnificamente editadas e maquetadas: iso é o primeiro que chama a atención, pois o volume é enormemente apetecível por calquera páxina pola que se abra. Escolho unha ao chou e levado quizá por ese compás do subconscente que nos guía aos rencorosos dou cun texto sobre o Fragasaurio, un dos meus mitos eróticos. Lean, lean:
Vidas ejemplares.- Fraga: "Tengo para dos glaciaciones más"
Acudimos al lugar de veraneo del Sr. Fraga, escoltados por los GEO, dada nuestra procedencia. Una vez cacheados y jurada la Constitución, entramos en el despacho.
Caduca Hoy: ¿Cómo se encuentra Vd. de salud, Don Manuel?
Fraga: Estoy perfectamente. Me acabo de hacer la prueba del Carbono 14 y los arqueólogos de A Pobra do Caramiñal me han dicho que tengo cuerpo para dos glaciaciones más.
C.H: ¿Por qué se presenta otra vez a las elecciones?
F.: ¡Porque sí, mequetrefe! ¡La calle es mía, Galicia es mía, España es mía!
C.H.: ¿Cuál es el secreto de su longevidad?
F.: Usted es un imberbe, pero quizás se acuerde de la bomba atómica de Palomares, cuando haciendo gala de mi valor y embutido en un meyba tamaño familiar me sumergí donde se les había caído ese chisme a los americanos. Pues las radiaciones que sufrí han hecho en mí el mismo efecto que la kriptonita a Supermán.
C.H.: ¿Duerme bien?
F.: Normalmente sí y cuando me cuesta dormir me imagino firmando sentencias de muerte, contando obreros muertos en manifestaciones o me imagino al señor Ibarretxe cantando el Cara al Sol y me invade una sensación de placidez que me quedo traspuesto inmediatamente.
Para finalizar la reunión, insiste en prepararnos una queimada a pesar de nuestra cortés negativa. Una vez abandonada la sección de grandes quemados del Hospital de A Coruña, emprendemos el regreso a Euskadi.
Desde logo,
hai que botalos.
¶