Di Rajoy que
"en el año 2005 no hay tribus, no hay castas, no hay pueblos, ni derechos colectivos; hay personas y ciudadanos", e acto seguido enchéselhe a boca falando da "nación española" e da súa unión indivisível. Di Rajoy que Ibarretxe é
"desleal con el Estatuto de Gernika" por querer reformalo, mas non fala nada da deslealdade súa e a do seu partido cara un estatuto que nunca se ocuparon de executar na súa totalidade. Di Rajoy que o Plan Ibarretxe
"divide a la sociedad vasca", e non se decata de que nunha división sempre hai dous términos, dúas partes, de tal xeito que iso que afirma vale tamén para el mesmo. Di Rajoy que
"en España no hay una extrema derecha, no hay partidos de extrema derecha ni la extrema derecha, por fortuna, tiene votos", e a realidade é que xa case hai mais falanxes que dedos, que son varios os partidos aos cales o centro cáelhes
moi ao oeste e que como non están ilegalizados poden presentarse ás eleicións. Ás xenerais do pasado catorce de marzo, por exemplo:
Familia y Vida: 16699 votos
Democracia Nacional: 15180 votos
FE de las JONS: 12266 votos
La Falange: 10311 votos
Partido Demócrata Español: 5677 votos
Falange Auténtica: 4589 votos
España 200: 4231 votos
Alianza por la Unidad Nacional: 923 votos
Rajoy di
moitas cousas, sempre con ese descacharrante humor e a boa dicción que nel é característica. Eu xa devezo por velo
dentro dunhas horas reprobando as palavras do lehendakari, sobre todo tendo en conta que el terá até
o triple de oportunidades que Ibarretxe para falar.
¶