Xa o saben: Mar adentro é a película mellor dirixida, a mellor escrita, a que ten os mellores actores e actrices, a mellor fotografía, a mellor maquillaxe, a mellor dirección de produción (non me pregunten cómo se decide iso porque non o sei), o mellor sonido e até a mellor música, e supoño que durante a súa rodaxe se comerían os mellores bocadillos da historia. En fin. Os que desde un ponto de vista estrictamente cinematográfico dixemos que Mar adentro non é mais que un dramón con boa factura non somos moitos e seguramente iremos todos ao inferno; o que si é innegábel, e diso debera ser moi conscente a propia academia que outorga os Goya, é que o desmesurado triunfo do filme de Amenábar proporciónanos tamén unha medida moi significativa dos raquíticos resultados dun ano que para o cine español foi particularmente nefasto. Que case todo o que consideran que debe ser destacado pertenza a unha mesma película resulta tremendamente revelador e descriptivo do que hai. Ou do que non hai, claro.
Estes son os premios:
Mellor película:Mar adentro, de Alejandro Amenábar
Mellor director: Alejandro Amenábar, por Mar adentro Mellor director novel: Pablo Malo, por Frío sol de invierno Mellor actor: Javier Bardem, por Mar adentro Mellor actriz: Lola Dueñas, por Mar adentro Mellor actor de reparto: Celso Bugallo, por Mar adentro Mellor actriz de reparto: Mabel Rivera, por Mar adentro Mellor actor revelación: Tamar Novas, por Mar adentro Mellor actriz revelación: Belén Rueda, por Mar adentro Mellor guión orixinal: Alejandro Amenábar e Mateo Gil, por Mar adentro Mellor guión adaptado: José Rivera, por Diarios de motocicleta Mellor película europea:Gegen die wand, de Fatih Akin (Alemanha-Turquía)
Mellor película de fala hispana:Whisky, de Juan Pablo Rebella e Pablo Stoll (Uruguay)
Mellor dirección de produción: Emiliano Otegui, por Mar adentro Mellor montaxe: Guillermo Maldonado, por El Lobo Mellor fotografía: Javier Aguirresarobe, por Mar adentro Mellor dirección artística: Gil Parrondo, por Tíovivo c. 1950 Mellor deseño de vestuario: Yvonne Blake, por El puente de San Luis rey Mellor maquilhaxe e perruquería: Jo Allen, Ana López-Puigcerber, Mara Collazo e Manolo García, por Mar adentro Mellor música orixinal: Alejandro Amenábar, por Mar adentro Mellor canción orixinal: "Zambie Mameto", de Carlinhos Brown e Mateus, en El milagro de Candeal Mellor sonido: Ricardo Steinberg, Raposo, Ferro e M. Steinberg, por Mar adentro Mellores efectos especiais: Reyes Abades, Jesús Pascual e Ramón Lorenzo, por El Lobo Mellor película documental:El milagro de Candeal Mellor curtametraxe documental:Extras Mellor película de animación:P.3.K.PINOCHO 3000 Mellor curtametraxe de animación:El enigma del chico croqueta Mellor curtametraxe de fición:Diez Minutos
O outro día vín "Hable con ella", en fin, e dixéchesme que "Mar adentro" era previsible, que o é, pero esto, uff.
Por certo ¿hai algo nesa película que non esté metido con calzador? Eu cría que so era o de Caetano, pero e que parecen unha secuencia de gags. Por certo: Rosario, ¿non había outra muller que lle entrara o traxe? A súa interpretación roza o insulto.
Esterotipada, tamén, sobre todo os persoaxes.
O resto dos premios non me meto, pero o de mabel rivera é merecidisimo..
Agora cuidado, q temble hollywood q seica é filologa en fala un ingles q te cagas...
Non, Anónimo, a cousa é moi diferente. O previsível de "Mar adentro" non é a trama, cousa lóxica por estar baseada en feitos ben conhecidos, senón a súa resolución fílmica, pobre, moi pobre: paupérrima. Hable con ella é, porén, un filme esteticamente deslumbrante, con detalhes de mestría como o xeito que Almodóvar ten de elidir a violación de Leonor Watling. O día que Amenábar demostre a centésima parte do talento do manchego, convocarei pública celebración aquí no blog.
O anónimo era eu. A "forma de eludir a violación a Leonor", evidentemente e inevitable na trama, ¿dónde está o interese senón? Ademais, xa nos mostra antes imaxes de Cámara "sobrepasándose".
Por certo, é moi creible a forma en que Cámara se cola pola casa-consulta do psiquiatra, en fin, se nin sequera nos acordamos dos nomes das persoaxes.
Yo no digo nada, que luego la liamos. :)
Pero aparte de lo absurdo de los premios en general (más allá de su función promocional), está claro que son más absurdos cuando ni siquiera cumplen bien esa función: ¿promocionar una sola película? ¿justo aquella que tuvo más promoción? Ya les digo, absurdo.
Por cierto, que el año que viene seguro que 2046 arrasa.
MH, imposível: non hai Goya para o cine estranxeiro que non sexa europeo ou de fala hispana. E aínda que houbera, non ganharía: xa acertaron este ano premiando Whisky; dous acertos seguidos sería pasarse. :-)
Jorge, vostede lembra os nomes das personaxes das películas? De todas?
Como ve, mi ignorancia es enciclopédica.
De todos modos, intuyo que aunque se lo diesen ni Ud. ni yo íbamos a mudar de opinión por semejante menudencia. ¿Verdad?
Non, en absoluto. Aínda que me permito dicirlhe que a Academia Europea do Cine, por certo, si considerou 2046 a melhor película estranxeira do ano... ;-)
Conste que o de que non hai Goya ao cine estranxeiro non o dicía por facer explícita a súa ignorancia, MH ( ;-) ), senón para facer explícita a cativa mirada que ten a Academia sobre certas cuestións.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.