"Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo..."
Vicente Risco,
O porco de pé
Hai hoxe un ano
Monchoesmucho recuperaba a alcaldía de Sada por un módico prezo. Dese tema falouse bastante neste blog, empezando por aquel día en que lhes contei como funciona a
Cousa Nosa. Aquel post propiciou un intenso intercambio dialéctico entre un sagaz comentarista fordiano e un servidor que acabou, como non podía ser menos, en
empate técnico (seguimos, iso si, á espera de que Vendell cumpla
o que prometeu). Nestes
días estranhos houbo espazo para toda clase de
actos e
manifestacións, e mesmo para recolher
as palavras dos voceiros da
Plataforma pola Democracia en Sada ou para ensaiar
formas sen fin de expresión na rede. O caso é que o mancebo franquista
Monchotúyasabes segue campando polo concelho, e aínda que non todo saeu como el agardaba non hai razóns para estar nin sequera minimamente satisfeito: a súa ocupación da alcaldía é unha vergonha para esta democracia formal na que a vontade dos cidadáns vale tanto como o que custa mercar aos seus representantes; nin mais, nin menos.
Iso si: algo bon aprendemos en Sada, coma antes xa fixeramos co
Nunca Mais, e é que a reivindicación de xustiza
pode debe ir da man da ledicia e do humor intelixente.
¶