caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Turistas
> Turistas <

Ao informar sobre a colosal traxedia no Índico algúns medios de comunicación están amosando un desmesurado interese polos turistas falecidos ou feridos que a min non deixa de resultarme algo soez. Parece como se diferenciasen en dous tipos de categorías humanas: os turistas, tanto ten a súa procedencia, é dicir, xente coma nós, e os outros, que a ollos dos europeos peor informados parecen sempre unha masa indiferenciábel de individuos esfarrapados abafados por unha miseria que non sabemos ben en que consiste exactamente. Para algúns deses medios a noticia grande o domingo e o luns era a neve nas estradas españolas; o tsunami viña despois, aportando ademais unhas cifras de mortos ridículas por pequenas e por absurdamente precisas.

O meu desexo para o 2005: menos eurocentrismo, por favor.

2004-12-29, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/24830

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley