Leo na
Coz -que, por certo, hoxe celebraba a paparota de Nadal: imaxino que desta vez aos comensais non se lhes atragantaría o menú- unha desas
enquisas de alto nível coas que entretenhen os domingos escasos de noticias (xa saben, un par de centos de entrevistas por teléfono para cada cidade e con iso facemos un estudo rigoroso a mais non poder). A cousa consiste en preguntarlhe á xente se están contentos cos seus governos locais, algo que eles dan en chamar
barómetro urbano de invierno. Se suponhemos que as cifras que saen no xornal son representativas da vontade popular, o que resulta é que os alcaldes de seis das sete grandes cidades conseguen sacar polo menos un aprobado na valoración dos cidadáns: todos menos o de Ferrol. Agora ben, detenhámonos no concepto
"situación política de las urbes de Galicia", no que admiten cinco posibilidades convenientemente desglosadas:
muy buena,
buena,
regular,
mala e
muy mala. A min ocorreuseme xuntar un pouco esas categorías, e o que sae é isto:
A Coruña:
Moi boa-Boa: 32,5
Regular:
36,0
Moi mala-Mala: 23,0
Non sabe/Non contesta: 8,5
Vigo:
Moi boa-Boa: 22,4
Regular: 31,8
Moi mala-Mala:
38,3
Non sabe/Non contesta: 7,5
Ourense:
Moi boa-Boa: 27,9
Regular: 21,4
Moi mala-Mala:
42,3
Non sabe/Non contesta: 8,5
Santiago:
Moi boa-Boa:
38,6
Regular: 26,2
Moi mala-Mala: 25,7
Non sabe/Non contesta: 9,4
Lugo:
Moi boa-Boa:
46,1
Regular: 26,2
Moi mala-Mala: 16,9
Non sabe/Non contesta: 10,9
Ferrol:
Moi boa-Boa: 14,0
Regular: 24,5
Moi mala-Mala:
53,0
Non sabe/Non contesta: 8,5
Pontevedra:
Moi boa-Boa: 32,0
Regular: 25,5
Moi mala-Mala:
39,0
Non sabe/Non contesta: 3,5
Total:
Moi boa-Boa: 30,5
Regular: 27,4
Moi mala-Mala:
34,0
Non sabe/Non contesta: 8,1
As porcentaxes de Santiago suman 99,9, e as de Lugo e Ourense 100,1 (e é que redondear é tan dificil!). En fin, iso tanto ten: o interesante é reparar ben nestas cifras que lhes oferezo e logo analisar a conclusión que o xornal pon coma titular:
Los ciudadanos están satisfechos con sus gobiernos locales
¶