Repasando a recén anunciada lista de nominados aos premios Goya dei en lembrar aqueles gloriosos primeiros anos nos que a Academia do Cine Español acostumaba a proponher candidaturas surrealistas: un filme dos
Hombres G na categoria de melhor película de animación e cousas polo estilo. Seguen cometendo estupideces, de todos xeitos. É inxustificável que ignorasen o trabalho do actor Gael García Bernal, sexa en
La mala educación, sexa en
Diarios de motocicleta, filme este que si aparece na categoria de guión adaptado (aínda que non na de melhor filme de fala hispana na que tampouco sae a magnífica
María llena eres de gracia). É curioso que a mesma academia que foi capaz de nominar no seu día a Nicole Kidman por
The others malia o pequeno detalhe de que a sua voz obviamente estaba dobrada pase agora por completo do xenial intérprete mexicano. Intúo que Pedro Almodóvar caiu en desgraza e non volverá ser
"un dos os nosos" até que volte polo sendeiro de
Todo sobre mi madre e faga filmes bonitos e tenros sobre o amor universal que poidan levarse premios de xurados ecuménicos. Tamén lhe conviria ao manchego ser un pouco mais prudente nas súas declaracións e non facer caso dos rumores que circulan por internet, que a fin de contas é seguro que parte dos que votan os Goyas non escoitan a SER senón a COPE.
Pois iso, moito
Mar adentro, que será a triunfadora evidente na cerimonia que terá lugar o domingo 30 de xaneiro de 2005. Cantados os galardóns de película, director e actor (espero que tenhan un arrouto de lucidez e polo menos non premien tamén a súa horrenda música), a única dúvida relevante consiste en saber en que categorias non vencerá o filme de Amenábar. A melhor actriz, por exemplo, a min chéirame a
bon talante; talvez Ana Belén, talvez Pilar Bardem para que saia nas fotos co filho. Recuperado das catacumbas, Luis Varela será o melhor actor de reparto; na categoria feminina a ganhadora non pode ser outra que Mabel Rivera. Os intérpretes revelación? Oxalá que Tamar Novas e quizá Mónica Cervera, pois é probável que os académicos vexan a Belén Rueda demasiado
pija e demasiado televisiva aínda (por iso, e porque a invexa sempre corroe un pouco). Espero e desexo, iso si, que se vaia coas mans vacías ese bodrio fofo e pretencioso chamado
Roma que dirixiu Adolfo Aristarain, definitivamente perdido para isto do cine.
Lista completa de nominados, en
the night of the hunter
¶