Como xa anunciei hai uns días, o próximo domingo día dezanove -último antes do Nadal- vou meter no blog unha
güislís cos filmes, livros e discos que a un servidor non lhe molestaría nada posuír; así que hoxe é o momento de ponher aquí, igual que fixen
o ano pasado, a lista dos meus favoritos na blogosfera. A diferencia é que desta vez non avaliei un post en especial, senón o conxunto dos textos aparecidos nelas. Nada que sorprenda aos habituais dos
días estranhos: a maior parte das bitácoras citadas son
as de sempre, os meus centros de gravidade permanentes na rede.
Velaí van as
dez grandes bitácoras da blogocousa'04:
Una cuestión personal, by Vendell. Por suposto. The one and only.
O bazonga da kilumba, do trío Adamastor-BeZiDrÓgLiO-Mussele, polo seu espírito crítico e a súa capacidade para falar de
todo o mundo lusófono con honestidade e sen paternalismo.
Carta aberta, do mestre César Valente, o grande cronista da Floripa: humor, ironía e tenrura para contar o día a día da terra na que vive.
Mifune no enikki, de Mifune, que pode ser poético ou pode ser visceral e contundente, pero que sempre é puro sentimento.
Substrato, do monstro horrendo AdamastoR. O blog ideal para todos os que gostamos de ler os xornais polas esquinas. Noticiario alternativo cheo de obxectos estranhos, imaxes astronómicas, banda desenhada, música, cine e artes plásticas. E agora, ademais, con ligazóns directas ao "Daily Show" de Jon Stewart. Quen dá mais?
Por la boca muere el pez, de Javier Armentia. Sobran os comentarios.
Os tempos que correm, de Miguel Vale de Almeida, o compromiso feito blog. Liberdade, lucidez e intelixencia a feixes nunha das melhores páxinas ao sur do río Minho.
Arroutadas, de Paco Penas de Dorvisou, a mais brilhante e fermosa combinación de fotografías e textos que pode atoparse nos blogs.
How to learn swedish in 1000 difficult lessons, de Francis Strand, un americano en Estocolmo. Unha páxina xenial tecida pola saudade.
As túas balas, do Cesare, o melhor blog en lingua galega como xa dixen
noutrora.
Un toque de azufre, de Antonio Trashorras, cine, cine, cine e algunhas outras cuestións analisadas con sanísimo escepticismo e sarcasmo. Alguén que ama
Vertigo de Alfred Hitchcock é, por forza, un home de fiar. Unha visita obrigada.
Catu?, de Opaco, polos seus
posts tecnolóxicos
Manantial de sueños, de Somnio. Un recén chegado á rede que trae unha idea fantástica para un blog: a descrición de sonhos reais con prosa eficaz e sen adornos. Tremendamente evocador e suxerente.
Diario de Oier, de Oier, claro. E no futuro tamén coa colaboración de Begotxu, digo eu. As vivencias dun neno desde o berce até que canse. Impagável.
Long pauses blog, de Darren Hughes. Excelente. Comparta ou non a súa opinión sobre certos filmes, o que el escribe é sempre luminoso e enriquecedor.
Pensar enlouquece, pense niso, do Alexandre Inagaki, mag-ní-fi-co. Xa un clásico da blogosfera brasileira.
Sin que sirva de precedente, de Jaio la espía. Aínda que nos últimos meses a súa capacidade evacuadora decaeu de xeito considerável ninguén coma ela sabe sacarlhe proveito a
unha caída da moto. Por outra parte, eu aínda me lembro daquel
misterioso cabaleiro e ademais, ¡que carafio! é amiga minha.
Os
"blogs africanos", da Guiné-Bissau do maravilhoso
Africanidades ao Moçambique do
Ma-Schamba, da Angola do
Pululu ao Cabo Verde do
Rui Guilherme e
Matilde. Outras visións do mundo, non por distantes menos próximas. As palavras son as mesmas que as nosas: é apenas a música o que cambia.
¶