- - - - -
o mellor do 2003 libro do ano:the book of illusions, de Paul Auster
disco do ano:Diamonds on the inside, de Ben Harper
canción do ano:Blessed to be a witness, do disco Diamonds on the inside de Ben Harper
filme do ano:Bowling for Columbine, de Michael Moore
¶
O domingo doce de decembro tocará repasar o melhor da blogocousa'04 e o que deu de si o cine este ano, o que tivo de bon e de malo. E o domingo seguinte, 19, unha listinha cos DVDs, livros e discos que Pawley desexaría ter canto antes (por se alguén ten interese en sabelo).
Aínda me dura a conmoción por 2046.
Esa sensación de fraxilidade que me queda no corpo(,e na alma)
O mesmo aconteceu cando leín o libro das ilusións.
Coincido por tanto con eses dous galardóns, máis descoñezo o resto(o que inclúe bolboretas)
Vendell, você é dos que alardea dos polvos? Servidor, por outra parte, nunca se emborracha, cousa esa non queda nada fina. E enchentas, ningunha, que eu lembre. Un nunca debe facer nada até fartar: debe parar media hora antes, como mínimo.
Ademais, aquí o que presume de ler livros espesos (safransquis deses) é vostede, que eu saiba. Eu só me intereso polas cousas bonitas.
Saiba vostede que xamáis fixen alarde dun foguete, pero non llo recriminaría a ninguén que o fixera con bo gusto. E ten razón no das cheas e as enchentas, que só se lembran polas consecuencias, en xeral negativas.
O das borracheiras dígoo en serio: nunca bebín tanto que non acordase, o cal non sei se se debe a que tenho moita resistencia ou a que non tenho a sede necesaria. E o dos polvos, penso que non debe ser fácil contalos ben e con bon gosto; a min, desde logo, non se me ocorre ningún caso claro. En cine, por exemplo, o sexo acaba tendo a maior parte das veces un caracter ou ben morboso ou ben acrobático que lhe resta verosimilitude e credibilidade.
Será que yo no tengo sentido de la medida, pero yo sí he comido hasta reventar, bebido hasta arrepentirme, y otros excesos de menores consecuencias aunque de mayores agujetas.
Y sin que sirva de precedente, estaría bien algo menos de intelectualidad y algo más de sensualidad, juer.
Pawley, e logo Cesare? Quen conta mellor os polvos ca el? Propoño escoller entre todos o mellor polvo de Cesare do ano. Creo que temos información abonda... :D
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.