Xesús Pérez Varela é o Conselheiro de Cultura da Xunta de Galiza, aínda que cultura, o que se di cultura, non ten moita. Hai uns anos fíxose célebre
ao dicir que acababa de comprar unhas entradas para o concerto de
Carmina Burana, "unha das boas cantantes deste país". É obvio que Don Xesús non conhecía a magnífica creación de Carl Orff, ou quizá é que só a escoita pola parte do
Bibit hera, bibit herus e xustamente naquel intre vinha de exercitar eses versos. A principios deste 2004 ofereceunos
mais probas da súa involuntaria comicidade revelando os grandes artistas que -"se se punhan a tiro"- encherían os actos xacobeos. Lembran, verdade? David Bovi, Leni Craui, Eros Rama Zoti... Pero non pensen, non, que os números se lhe dan melhor que as letras: Pérez Varela é tamén o autor
desta memorável reflexión:
O oficio dos outros é facer enquisas. É como o conto do polo, que di que cada español come tres polos; a diferencia é que algún come dous e outros comen un, pero a media é que comemos tres. Está clarísimo. Agora entendo como calculan no seu departamento a cifra dos turistas que nos visitan!
Onte
anunciou a lista de ilustres convidados ao Foro Internacional "Camiños de Concordia" que terá lugar o ano que vén. Entre eles, o intelectual palestino
Edward Said, a quen infelizmente vailhe ser imposível vir xa que
morreu en setembro do 2003. Escoiten,
escoiten. É, polo de agora, a súa última ocorrencia, mas sospeito que de aquí a que remate a lexislatura haberá novas ocasións para escachar de risa grazas a el. É imprescindível, o melhor de todos, sen dúvida. Governe quen governe, el debera ser sempre conselheiro. Non lhe suporía ningún problema ideolóxico, ademais: se soubo evolucionar desde a extrema dereita de
El Alcázar e
El Imparcial, por que non había de adaptarse ao galeguismo soft de Pérez Torito/Touriño?
¶