Escoito esta frase nas noticias: Converteron en heroe a un terrorista. Mas coa modorra da sobremesa non puiden prestar atención dabondo. Non sei se falaban de Arafat ou de Sharon.
¶
Sempre me preguntei como sería a historia si os palestinos tiveran renunciado á violencia hai moitos anos e loitado polos seus dereitos nos tribunais. Pero claro, daquela o Arafat levaba revolver ao cinto, todo un mito da fronteira.
Non ten que ver con esa noticia, mas acabo de lelo na Voz de hoxe e sinto a necesidade de compartilo con vostedes: o artigo do xenial cómico Alfonso de la Vega:
CUANDO se produjo el bombazo del 11-M muchos trataron de ver cuáles serían sus beneficiarios, además del PSOE: Marruecos, Francia, ETA y el terrorismo en general, al demostrar su capacidad para influir en los países democráticos, los nacionalistas y, con ellos, el poder económico y financiero catalán, que aprovecha para ocupar nuevas posiciones estratégicas cuando el Gobierno de España se encuentra en minoría parlamentaria.
Sen entrar en grandes análises.
Está claro que se loitaran en tribunais estarian agora coma o pobo saharaui. Puteados. Mellor dito puteadísimos. O tema trae moito de que falar pero está claro que se reivindicasen as cousas na ONU andarian agora mesmo cun plan que Israel non faria caso algún e que ninguen lle obrigaría a cumplir...
E pensar que estivemos verdadeiramente a punto de conseguir o fin deste problema!
Saúde!
PS: Dentro de dous meses hai elección democráticas en Palestina. Primeiro pais árabe democrático, non é?
Manhá sábado cúmprense trinta anos da intervención de Yasir Arafat na ONU, que pechou con estas palavras: Hoxe cheguei aquí levando unha rama de oliveira e o fusil dun loitador pola liberdade. Non permitades que que a rama de oliveira caia da minha man. Repito: non permitades que a rama de oliveira caia da minha man. A guerra flamexa en Palestina, mas será tamén en Palestina onde acabará nacendo a paz.
Haberá quen vexa nesas palavras unha ameaza; eu véxoas mais ben como unha súplica.
O que eu me pregunto de verdade, Vendell, é que pensarán de todo isto os saharauis, os armenios, os curdos e tantos e tantos outros povos represaliados durante décadas e que nin sequeran gozan dos seus quince minutos de gloria televisiva.
Es que he vuelto por aquí a ver si algún comentario posterior me aclaraba lo de "xeito" een Vendell 9 y sigo como estaba.
Tambiém podría haber preguntado directamente, pero se me acaba de ocurrir que si hay traductor pues mejor consultarlo que andar molestando o quedándome si saber.
Tradutor online, non hai, que eu saina. "A Taiga" é un programa que permite facer traducións do español ao galego "de mínimos", lixeiramente afastado da normativa oficial. E dicionario, pois hai este, que para saír do paso ás veces chega...
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.