-Olá! Son Ana. Avisas a Xoán, por favor?
-Non, Xoán xa non trabalha aquí. Marchou a fins do ano pasado ás oficinas dunha fábrica, xunto ao polígono.
-Ou, vaia...
-Podo buscar indicacións do choio actual do Xoán. Andarán por aquí... polos caixóns... non, aquí non... aquí tampouco...
-...
-Vou buscar agora con mais calma. Chámoa logo, cando consiga atopalos.
-Non, non, chamar non. Vou marchar agora. Mándasmos aquí por fax?
-Si, claro, como non.
-Pois moitas grazas. Moitas, moitísimas grazas.
-Nada, foi fantástico axudala.
-Tchau!
-Talogo.
Ana colgou. Non saiu; ficou alí, agardando a carón do aparato. Pronto arrancou o fax, vomitando a folha cos fatídicos díxitos: 271828. Alá chamou. Xoán distinguiu rápido a súa voz.
Ou, Xoán, amado Xoán, son tan ditosa! Xa cumplín coa minha porción do acordo. A marca da minha paixón por ti. Foi hai dous días, o domingo. Un ancián só caminhando pola madrugada. Vino tan claro! Non tinha dúvida: a forza do noso amor fíxoo todo. Bastou cun disparo, un único disparo. Alí ficou o corpo, tirado no chan, un corpo morto nunha vila habitada por corpos mortos. Todos mortos agás nós, Xoán, dous namorados. Só nós os dous, Xoán: os outros non importan.
Matarás ti por min, Xoán? Matarás como proba do noso amor? ¶
Despois deste artigo de Vendell e destoutro de Jaio eu non me puiden resistir a facer unha historia sobre o número e, lixeiramente emparentada con este texto e coma el tamén marcado pola ausencia.
Aínda que para ser sincero debo dicir que no fondo o verdadeiro responsável deste post de hoxe é Monsieur Claude Chabrol.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.