Sigo en Mifunetxea, asistindo a diario ás proxeccións do Festival de Cine de Donostia e contándoo para o xornal galego Vieiros. Así que, xa saben: non duviden en descargar aquí nos comentarios todo o entusiasmo, a envexa ou a ira que as minhas crónicas algo lapidarias lhes estean inspirando. Ficarei moi agradecido. ¶
Sinceramente, a min ler estas súas crónicas faime ter ganas de namorar con vostede. Non estará disponible? ;)
Agora en serio, existe algunha posibilidade de pesquisar no seu blog para coñecer a súa docta opinión sobre os temas máis variados?, porque xa me pasou máis dunha vez acordarme dos 'Días Estranhos' para tentar clarexar as miñas ideas sobre algún tema ou producto, e claro, xa leva escrito tanto que quén se pon a buscar!
Dende logo e sobre todo envexa; de segundo entusiasmo claro. Alégrome de que alguén se decatase e te pedise que o fixeras.
por curiosidade..¿os críticos cotizades á seguraidade social?
Martin: Muy buena la descripción de Anette Benning en la última frase de tu crónica publicada hoyen Vieiros xDDD
Un momento todos, si quieren inquirir de temas laborales y crematísticos al autor de esta bitácora tendrán que ponerse en contacto conmigo. Ahora mismo acabo de autoproclamarme su manager y aceptaré gustoso cualquier reunión que conlleve un suculento contrato de sus servicios y me permita a mí dejar de trabajar gracias a las comisiones.
:)
dot, seguro que é você capaz de atopar fontes de pensamento máis fiábeis e proveitosas que o meu blog. Quizá debera, de todos xeitos, meter unha caixa de búsquedas, porque con frecuencia nin eu mesmo son quen a atopar as cousas que escribín...
Parabéns huebón, e logo, está en Donosti por "ocio" ou "negocio"? Quizais sexan ambas as dúas correctas... e vese que o está a pasar ben, nótase nas súas letras.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.