De noite en Olabeaga Jauregia fago memoria de lonxanas noites chairegas nas que o tic-tac do reloxio marcaba o compás emotivo do silenzo. Tranquilidade absoluta a apenas cinco minutos do rebumbio urbano que asoma no centro do mapamundi.
O gran Bilbao esténdese aos pes dun prato de anchoas, baixo un sol case esquecido despois dun verán corunhés de nubes e hospitais. En Zarautz hai un feixe de táboas de surf que levan persoas a carón. Mifune-etxea será o meu cuartel xeral nos próximos oito días. Isto promete.
Bake, askatasun, berdintasun, adiskidetasun. Paz, liberdade, igualdade, amizade. Hai palavras que soan igual de fermosas en todas as linguas.
¶
Será o contexto, pero a min askatasun sóame regular. Pero é só o son, porque supoño que é a idea que flúe nas neuronas dos surfistas locais mentras baixan por esa ola magnífica de Zarauz.
¡Que pena no saber gallego!
(creo que me estoy perdiendo un blog estupendo, pero no sé que quiere decir "chairegas" "rebumbio" "esquecido" "feixe" "carón"... así que apenas me entero)
Pois si, Vendell, debe ser o contexto. Seguro que tamén hai xente á cal a palavra "ciencia" lhe inspira malos sentimentos. Xa sabe, por aquilo da "ciencioloxía"...
Xa vexo que vostede cando está dentro non deixa de mirar para fora e cando está fora moito mira para dentro.
¡Non hai como un ventá para contempralo mundo!
un galego errante, siempre con la cabeza en varios sitios.
Difíciles pero hermosas las plabras en euskera.Y también me quedé con I'am nicer now.
saluditos.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.