Pola metade da década dos trinta na vida de Bette Davis reapareceu William Wyler, un dos mais grandes directores da historia do cine. Viviron varios anos fermosos e intensos e rodaron xuntos tres obras mestras inesquecíveis,
Jezebel,
The letter e
The little foxes. Eles dous xa mantiveran unha relación algún tempo atrás; ao se reencontrar, Bette Davis non duvidou en facerlhe un feixe de reproches e lembrar o moito que sufrira pola súa culpa. William Wyler desarmouna cunha única frase,
I'm nicer now. Son mais simpático agora.
I'm nicer now. Eu quixera poder dicir que son mais simpático e melhor persoa que hai un mes, cando publiquei
este texto anunciando un pequeno parón que aproveitaría para reflexionar un pouco sobre a lingua e os contidos deste blog. Infelizmente non é así. Nin sequera me volvín mais sabio ou mais escéptico. Son o mesmo que era en agosto, apenas un mes mais velho.
O que si aprendín é que non hai razón algunha para renunciar ao humor e á alegría, mesmo se do que se trata é de facer a elexía dun mundo que se vai. Vivimos días estranhos, mas confiamos na capacidade transformadora da palavra e iso é suficiente para seguir tendo esperanza.
Benvidos sexan todos. Vémonos en
Donostia.
¶