Chegou a Portugal en 1994 para competir nos Campeonatos do Mundo de Atletismo Junior. Representaba a Nixeria, o país que o veu nacer o 22 de novembro de 1978. Estando en Lisboa decidiu fuxir do equipo xunto a outros dous companheiros e ficar en Portugal, pois pareceulhe un lugar apropiado desde o cal dar o salto ás competicións mais importantes. Pero as cousas non saíron tan ben como agardaba. Din que durmiu en xardíns e que mesmo chegou a pasar fame, coma tantos outros inmigrantes africanos que chegan a Europa. Non sabía falar portugués e sentíase sozinho, coma tantos outros inmigrantes africanos que chegan a Europa. Deixou aparcado o deporte e empezou a trabalhar nunha empresa de construcción, no Algarve, coma tantos outros inmigrantes africanos que chegan a Europa.
Ao cabo dun ano unha asistente social soubo do seu pasado como atleta e decidiu prestarlhe axuda. O treinador do Beleneses, Fausto Ribeiro, foi quen a ver as súas aptitudes e retirouno definitivamente das obras.
En 2001, despois de sete anos vivindo ao sur do Minho, foilhe outorgada a dobre nacionalidade. Hai pouco mais dunha hora o cidadán portugués Francis Obikwelu ganhou nas Olimpíadas a medalha de prata nos cen metros lisos.
Alégrome moito de poder contarlhes hoxe unha historia con final feliz.
¶
Francis Obikwelu, o melhor atleta que portuga;l vai ter, por anos para ser. Eu sou meio portuguese, e meio ingles, mas vivo en inlglaterra, e estou a correr para grand britania 400m sub 18, tenho 16 anos. Quando eu vie o francis a ganhar segundo lugar nos olympicos, euy qase estava a chorar, vencemos, o americano, e o nosso atleta, non-portuguese, e o homen segundo mais rapido do mundo!!
Mais uma vez o Francis Obikwelu mostrou ser um dos melhores velocistas de todos os tempos. Todos os portugueses sentem enorme orgulho por ter esta pessoa simples e humilde como seu concidadão. Parabéns pelo título europeu nos 100 metros de 2006. Obrigado Obikwelu, tanto pelos títulos como pela simplicidade!
Em Portugal temos o maior orgulho neste atleta maravilhoso que nos adoptou. Obikwelu é a pessoa mais generosa do mundo e vive para se cumprir como o grande desportista que é.
Que todos os atletas lhe tomem o exemplo é o que desejo - dedicação e honestidade para consigo mesmos.
Aos atletas que queiram vencer, força...
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.