Catorce de xullo, quarta feira. Volvo cervexear co
João Ricardo, un fenómeno. Visitamos xuntos algúns dos lugares imprescindíbveis da miña cidade: o mural de Leopoldo Nóvoa da canteira de Santa Margarita, o
Jazz Filloa, o Parrote pola noite, coroado polo triángulo do verán, a
Cova Folk... Mágoa que houbera moita xente en
A Nova Pataca; deixámolo para outra vez, xunto á
Librería Lume e un columpio/baloiço que hai polas Xubias. O caso é que acabou dándonos a madrugada, falando de arte, política e temas así de intensos, como corresponde a persoas intelixentes que saben que a seriedade nunca é incompatíbel co humor.
Xa lles dixen que a súa é a melhor
exposición do 2004, ¿verdade?
Esta, malia ser a peza mais simples, é a miña favorita.
A verdade é que antonte estaba especialmente inspirado e sacou moito proveito dalgunhas esculturas. Desta, por exemplo.
Aínda que non o crean iso en tempos foi unha lavadora.
Aquí asoman varios dos seus obxectos sonoros; entre eles, un saxofón-aspirador que faría feliz ao
Ornette Coleman.
Os instrumentos con cordas son particularmente suxerentes.
Este tamén é o meu favorito. A fin de contas, se as miñas listas dominicais de dez cousas inclúen sempre quince ou vinte, pensaban que ía conformarme con escoller aquí
uma só?
¶