Poden lelo aquí enriba: "seguindo coa sua labor de buscar as mellores opcións para as familias" a Xunta Directiva da APA do C.E.I.P. San Francisco Xabier da Corunha informa dos descontos na compra de livros de texto que oferece un conhecido centro comercial, revelando que se pola súa intermediación se producen un determinado número de reservas este centro colaborará con eles "en diversos temas" que por suposto non especifican. Para difundir esta información non recorreron ao moi eficaz servizo de correos senón que optaron por un medio bastante máis directo: os proprios alumnos. Todos volveron un día para as súas casas cunha fotocopia como a que ven acompanhada da correspondente folha de reserva.
Imaxino que se a APA segue no seu esforzo de fomentar o aforro das familias nun futuro próximo notificará tamén en que tendas se venden os dónuts máis baratos por se os rapaces queren levalos para comer durante o recreo, e indicará os comercios nos que a relación calidade/prezo da roupa é máis favorável. Quizá vexamos aos nenos saíndo do colexio cun folheto de Zara para que os pais saiban cales son as tendencias da temporada. Pregúntome se nese caso aceitarían con indiferencia que os seus filhos se convertisen en repartidores de propaganda.
Non discuto a lexitimidade que ten a APA para procurarse comenencias. O que si me parece bastante indecente é que para facelo boten man dunha institución pública como é un colexio, e que convirtan aos rapaces en portadores de publicidade dunha empresa privada que, dito sexa ao paso, ten xa bastante presenza nas rúas. A difusión desa nota non deixa de ser unha recomendación encuberta para que os pais compren os livros dos seus filhos nun lugar determinado, en competencia desleal cos outros comercios (principalmente as pequenas livrarías) que non tenhen marxe para oferecer descontos semelhantes. As grandes superficies poden permitirse o luxo de obter un beneficio moi limitado neses produtos sabendo que van sacar moito máis noutros (material escolar, roupa, etc); ademais, con estratexias como esta asegúranse con moita antelación un fixo de ventas que lhes permite negociar en condicións moi vantaxosas coas editoriais. Non con todas, por certo: algúns dos textos que utilizarán os rapaces nese mesmo colexio fican excluídos da lista de livros que o centro comercial se compromete a conseguir, o que supón que os pais terán que se buscar a vida para mercar, que sei eu, o livro de música. Sospeito que haberá algún que acabe indo a última hora ao comercio do bairro para esixir con urxencia e malos modos que lhe consiga os que lhe falten, mesmo queixándose de que alí non fagan tanta rebaixa. Cousas así xa as levo visto, créanme.
Sei que isto é unha simples anécdota, aparentemente sen importancia. Pero é moi reveladora das atrocidades dun sistema que confunde sistematicamente valor e prezo. Do que se trata, no fondo, é de convencernos de que só debemos preocuparnos de que todo vaia ben a curto prazo, sen reparar nunca nas consecuencias dos feitos. Por iso é bon comprar nas grandes superficies, tan limpas e ordenadas, e ir ao médico de pago porque te atende antes, e mandar aos nenos á escola privada en canto chegan á secundaria ou ao bacharelato e hai que empezar a marcar as diferencias. Porque todo vai ben mentres nós vaiamos ben. E aos sudaneses, que lhes dean.
Non deixa de ser un asunto moi complexo. É lóxico que os pais queiran aforrar nos carísimos libros de texto; pero é desleal esa competencia feroz das grandes superficies. ¿Que prima aí? ¿A solidariedade cos pequenos libreiros ou a economía doméstica? Non lle vexo solución doada (se é que a ten). É o primeiro mundo e ao terceiro, en efecto, que lle dean. Unha tristura. A situación de Sudán, Ruanda ou Angola pon os pelos coma escarpias. ¿Como axudar?
Pois non falemos da política de financiación dos libros de texto da Xunta, que calquera día imos ver a suxerencia esa de comprar en tal superficie convertida en Real Decreto.
Soame a "Stupid White Men" e os contratos de exclusividade das multinacionais nos colexios do Michigan do senhor Moore.
Será que xa formamos parte do primeiro mundo e os de "Nunca máis", por exemplo, pedindo medios de salvamento marítimo, non nos enteramos?.
Coido que só debemos ser primeiro mundo para mercar, pero non para vender -exceptuando Inditex, como non!.
Pues coincido con peke. Ni sí ni no. Muchas veces no todo se reduce al "blanco o negro". Está claro que para los padres prima la economía doméstica, y que esa estrategia perjudica a los pequeños libreros. ¿Pero cuál es la cuestión: que se beneficien las familias o que no?¿Que no se beneficien porque salen ganando los "grandes" y perdiendo los "pequeños"? Porque yo lo miro como hipotética madre (que no soy) de un hipotético hijo (que no tengo). Y los niños van a tener los mismos libros, sean comprados en un sitio u otro. Sí, los intereses comerciales que hay detrás y la estrategia "manipuladora" que hicieron servir pueden ser muy reprobables, pero... Si nos ponemos a pensar, hay tantos ejemplos cotidianos en que unos se benefician de algo por lo que otros, indirectamente, salen perjudicados.
No. Eso sería ridículo. Igual que muchas veces no todo se reduce al "blanco o negro", lo que sucede en una situación no tiene por qué ser extrapolable a otra.
Y además, no tengo ni idea de a qué "misma lógica" te refieres, porque yo más bien he hecho preguntas, no las he respondido :D
Pois é moi claro, gregal: eu falo da lóxica da economía doméstica. A que nos suxire comprar o cacao solúvel máis barato sen preguntarnos en que condicións se produce.
Ok, pero no compares un caso en el que se está consumiendo un producto, el que sea, más barato porque, por ejemplo, detrás hay una red de explotación de trabajadores, a este caso de los libros escolares. No es exactamente igual, eh? :) Por eso insistía yo en lo de los matices. Y en ningún caso estaba defendiendo ninguna postura, sólo reflexionaba en "voz alta", porque a veces, por más clara que se tenga una posición (como es tu caso) también viene bien ponerse, ya no en el otro lado (que sería el de la gran superficie comercial), sino en el de los padres, y plantearse qué haría un@.
gregal, non se trata do que faga cada pai individualmente. Aquí, xustamente, trátase do contrario diso: do que se lhes aconselha aos pais que fagan colectivamente, facendo uso duns medios cando menos discutíveis (os nenos dun colexio público levando na man o panfleto desa tenda-grandisma que non vou citar). Esa recomendación beneficia a unha grande empresa e aí é onde un ten que empezar a reparar nas consecuencias dos seus actos. Que empecemos a pensar se o comportamento das grandes áreas en xeral resulta máis beneficioso para a sociedade no seu conxunto. Se cremos que obtelo todo a baixo prezo é sempre melhor. E non me sexa inxenua, gregal. Hai moitos graos de explotación. Miremos sen ir máis lonxe a roupa que levamos posta.
Pero es que yo no he dicho que apruebe la estrategia de la escuela en coordinación con el centro comercial, insisto, sólo apunté lo que la mayoría de los padres suelen valorar en un caso de éstos, que acostumbra a ser aquello que beneficie su economía doméstica. Decir eso no es suscribir esa posición. Y para entender las actitudes colectivas muy a menudo (por no decir siempre) no está de más ponerse en la piel de cada individuo, para tratar de comprender, que tampoco es sinónimo de suscribir. No sé por qué te lo tomaste así, y mucho menos como un "ataque" a tu postura. Precisamente porque son cuestiones complejas donde hay muchos factores y muchos bandos implicados, ver las cosas desde una única perspectiva no ayuda a encontrar soluciones. Y sí, empecemos por preguntarnos en qué condiciones trabajan los que confeccionan la ropa que llevamos o los que manufacturan alguna de la comida que consumimos. Y creo que el resto se explica por sí solo, porque si se trata de ser coherentes...
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.