
Pasei un sábado inesquecível na Solaina de Piloño, en Vila de Cruces, no corazón da Galiza.

A Solaina é moitas cousas a un tempo. É un museo, pero tamén é un lugar que acolhe periodicamente obradoiros de creación artística e literaria, e en xeral toda clase de actos culturais. Naceu da imaxinación e o esforzo de Paco Lareo, un artista con talento e por riba de todo un home encantador, con quen tiven o pracer de compartir xantar e conversa.

A Solaina foi en tempos unha forxa. Agora alí nacen obras de arte que baixo o sol dos días luminosos resultan especialmente fermosas.

Eu gostei moito desta, pero era grande de mais como para levala comigo no tren.

A Solaina sorpréndenos en calquera dos seus recunchos. Por todas partes hai algo no que reparar, e así é que unha mesa pode ter pernas en vez de patas.

Boa parte do trabalho de Paco Lareo nace aquí, neste lugar maravilhosamente cheo de ideas e de obxectos.

Nese talher é onde se fabrican as cores.

A iso das dúas, mentres os nosos anfitrións acababan de preparar un glorioso polbo á feira, empezamos a dar conta da empanada. De bacalhau, por certo. Boísima.

E o polbo... Que me din do polbo?

O animoso xantar foi regado con bos vinhos do país (Albarinho e Mencía) e prolongouse logo con café e licores. A conversa foi como sucede sempre que un está en boa companha: longa e lúcida. Ademais dos anfitrións da Solaina, Paco Penas, que alí séntese como en casa, e o Snob Neurótico.

Non podía saír de alí sen pedirlhe ao Paco que improvisase un debuxo para eu levar como lembranza do meu paso pola Solaina. E como el é un artista xeneroso, fíxomo.
¶