Hai dúas semanas o companheiro PL puxo no seu fotolog Visual Básico exactamente isto:
O interior da sala de projeção do Planetário da Universidade Federal de Santa Catarina, destacando os contornos do projetor e, ao fundo, o relevo de Florianópolis/SC, com uma miniatura convincente da ponte Hercílio Luz. As apresentações reproduzem o céu da cidade, ressaltando os principais astros visíveis a olho nú, inclusive as constelações zodiacais. Ambiente escuro, música relaxante, enfim, ideal para curtir uma madorna.
Eu díxenlhe logo que había de ponher no blog imaxes dos planetarios da Corunha e de Pamplona. Infelizmente non puiden atopar ningunha boa fotografía do melhor planetario do mundo mundial, polo que me vin forzado a meter esa do Pamplonetario, que está bastante ben, aínda que non resulta tan acolhedor. ;-)
Reparen, por certo, que na lista de ligazóns da dereita apareceu unha nova categoría, a dos fotologs. Para os afeccionados á astronomía resultan especialmente recomendáveis The Cosmos e sobre todo Silent Beauty, os dous cheos de imaxes non por conhecidas menos fermosas.
Isto é o que chaman xustiza poética. Fago un deses inofensivos testes que hai pola rede, e sáeme que eu "son" un tipo polo cal non sinto demasiada simpatía...
El de Silent Beauty es muy majo, pero me gusta más el de Clouds, fijaciones mías con las nubes.
¿Qué he hecho yo, aparte de no entender algunas palabras y de tener que elegir una alternativa a la fuerza cuando ninguna me parecía oportuna, para que me salga Van Gogh? Me gusta su obra, pero le regalo su vida :P
Mifune, xa ten você algo en común co bazongueiro Horrendo AdamastoR.
Vendell, se a iso lhe chaman bolas pregúntome como habería que designar ás do planetario da Corunha...
gregal, tenha en conta que o teste vai sobre xenios loucos. Eu tamen preferiría que me saíse John Ford, por exemplo. Pero claro, Ford non estaba louco.
Mmmm me suena, ese "monstruo" que los alemanes que vinieron a montar llamaban respetuosamente "old lady". Fue de hecho el último de su modelo que se montó, y el primero ya entonces llevaba funcionando casi treinta años. La era de los dinosaurios, qué cosas. Gracias Pawley. Su imagen es mucho mejor que 1000 palabras.
Que beleza! Simula os dois céus. Bem mais moderno que o nosso. Então: tudo pronto para o trânsito de Vênus? Aqui veremos bem pouco e a previsão do tempo para a nossa região ainda não é das melhores.
Com relação à foto da ponte, a única que tenho é essa mesma. Agora se ela consegue ficar bonita com esse tempo, imagine com tempo bom? Abraços!
Na Corunha disfrutamos de varios días de tempo excelente, mesmo con temperaturas próximas aos 30 graos, pero xa o sábado empezou a invadirnos a néboa... Para o martes 8 de xunho as previsións non é que inspiren entusiasmo precisamente, pero en fin, podía ser peor. Segun contan os de MeteoGalicia:
Estado do Ceo: Ceos máis anubrados canto máis ó norte e oeste de Galicia, con alternancia de nubes e claros no resto. Pola tarde haberá posibilidade de chuvias illadas e ocasionais no leste da Comunidade.
Temperatura: Temperaturas sen cambios significativos.
Vento: Ventos frouxos, de compoñente oeste agás na Mariña Luguesa onde serán de compoñente norte.
Comentario: Galicia atoparase durante este día lonxe dos centros de presión, entre unha baixa situada ó norte das Azores e un anticiclón situado en Centroeuropa. Deste xeito, agárdanse ceos máis anubrados na costa e con alternancia de nubes e claros no resto. Pola tarde haberá posibilidade de chuvias illadas e ocasionais no leste da Comunidade. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, agás na costa de Lugo onde serán de compoñente norte.
Se o tempo acompanha Agrupación Io vai colgar da súa web imaxes do tránsito de Venus que se refrescarán cada poucos minutos. Os de Io tamén temos blog, por certo.
O palacete que acolhe a Casa das Ciencias da Corunha é moi bonito, si. Baixo a cúpula que a coroa agáchase o Planetario, con capacidade para 84 persoas e que cumpliu hai poucos días 19 anos. Varias veces vin eu proxectados nesa cúpula os ceos do Sur, coas Nuvens de Magalhães e a Cruz como referencia, mesmo coa voz de Cássia Eller soando como fundo musical. Unha experiencia semelhante vivímola no Pamplonetario en agosto do ano pasado, por xentileza de El Pez.
Algún ano destes tenho que facer un tour por planetarios brasileiros. O de Río ten unha pinta estupenda e nel fan moitas actividades. Estiveches alí algunha vez, Pedro?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.