Galiza, é dicir, Alaska, é dicir, Xapón. Un cocinheiro que nunca quixo saír do sótano do Hotel Plaza. A Terra Cha, é dicir, Juan Rulfo, é dicir, o humor. Os potes das bruxas e a nosa praia que asoma pola Antártida. The night of the hunter, é dicir, Dickens, é dicir, Dreyer. Rosalía de Castro chorou xa dabondo por todos nós. Galiza, é dicir, Escocia, é dicir, Madrid.
Perdoen o meu caótico entusiasmo, pero é que acabo de saír dunha maravilhosa borracheira de dúas horas de teléfono.
Galicia, Xapón... A Coruña ten casi a mesma latitude que Tokio, pero os adultos alá tenden a rir só na intimidade, coma quen fala unha lingua da que non se fía moito.
Supoño que os froitos desa conversa acabarán tinguindo este blog.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.