Aos reintegracionistas pásalhes como aos escépticos: que están cheos de razón, pero adoecen dunha pavorosa ausencia de humor, mal este do que tamén andan ben servidos os do BNG e as forzas de esquerda en xeral. O problema, no fondo, reside nese sentimento tan católico da permanente culpabilidade, da responsabilidade sen límite que fai que un sempre deba sentirse triste por algo. A cuestión é botarse ao lombo o presente e o porvir da ciencia, da lingua ou do país, asumir que cando un fala faino pola memoria de Rosalía, de Castelao ou de Isaac Newton, e claro, así non hai quen poida. Un empeza a encherse de trascendencia e acaba créndose Santa Xoana de Arco, disposta ao sacrificio polo ben dunha humanidade que non nos entende, non.
É hora de aprendermos a diferenciar a seriedade da tristeza.
Vendell, a verdade é que hai bastantes poetas reintegratas, algo terá que ver... :)
Por certo, Pawley, non sei se viu que certa poeta e musa do blogmillo visitou o meu blog. Parece que non lle sentou moi ben que vd. a comparase con LZ. Nin que andemos espallando a súa foto de adolescente por aí. :)))
Tem mais razao que um santo, Pawley. E o da musa me confirma mais uma vez no meu bom humor.
Marchando uma de Jodorowsky para manter a temperatura:
nº49 El Tesoro de la sombra
MALA SUERTE
Caminando por la selva se topa con un león dormido. Poniendose de rodillas ante el, murmura; "Por favor, no me comas". La bestia sigue roncando. Esta vez grita: "¡Por favor, nome comaaas!". El animal no se da por enterado. Temblando, le abre las mandibulas y acerca su cara a los colmillos para volver a gritar el ruego. Inutil. La fiera no despierta. Histerico, comienza a darle patadas en el trasero: "¡No me comas! ¡No me comas! ¡No me comas!". El leon despierta, salta sobre el y, furioso, comienza a devorarlo. El hombre se queja: "¡Que mala suerte tengo!".
Estás tan cargado de razón que deberías dispararla al aire, no vayas a herir a alguien...
:P (self referential mock)
El hombre que comía diccionarios publicó un hermoso manifiesto de wu ming hace pocos días: deberes y derechos del narrador. Cito:
El narrador tiene el deber de no creerse superior a sus semejantes. Cualquier concesión a la obsoleta imagen idealista y romántica del narrador como una criatura más sensible , en contacto con una dimensión del ser más elevada, incluso cuando escribe sobre absolutas banalidades cotidianas, es ilegítima.
Pues no sé hasta qué punto es generalizable, pero me parece una actitud muy insana venga de quien venga. El sentido del humor es hoy por hoy la mejor droga que existe. A lo mejor es porque rehuyo a la gente que no lo tiene, y por eso no me doy cuenta de hasta qué extremo llega esa carencia :D Como decía Rotsler, si no tienes sentido del humor, estás a merced de los demás ;)
mr. pawley, iso q afirma vocé paréceme unha xeralización de carallo parriba. a calquera tipo de persoa q estea obsesionado por algo (for o q for) non lle gusta q fagan coñas coa cuestión q -para el/ela- é fundamental. é dicir: hai gordos con moi bo humor q non aturan os chistes de gordos, aínda q non teñan moita maldá.
o q ao resto nos parece gracioso a coña de q os reintegratas son uns jichos q "perden o cú por unha cedilla", a eles obviamente non lles fai gracia. o mundo é así e no noso país máis aínda. os ingleses, por ex, teñen moita máis cultura de rírense de si mesmos.
e por un paco rodrigues daquí e un anguita dalá non van ser aburridas todas as esquerdas. pq eu non vexo o bo humor de fraga por ningures, e o de ningún conselleiro. baltar e cacharro sonche moi coñeros ata q te metes con eles...
[e, sobre os poetas, vendell, tamén hai quen di q todos foden mal... eu, desde logo, non o penso desmentir. :)]
No filme Dogma, de Kevin Smith, o apóstolo Rufus, o negro, o décimo terceiro, o que non sae no livro sacro, dizía algo así como que é melhor ter ideias ca crenzas, porque as primeriras son mais doadas de mudar que as segundas.
Temos que estar abertos aos cambios de opinión. Non hai, ou non debera, penso, non sei, haver certezas nin absolutos, nin xeneralidades... humor si, é bom e necesario, en verdade é bom e necesario...
No filme Dogma, de Kevin Smith, o apóstolo Rufus, o negro, o décimo terceiro, o que non sae no livro sacro, dizía algo así como que é melhor ter ideias ca crenzas, porque as primeriras son mais doadas de mudar que as segundas.
Temos que estar abertos aos cambios de opinión. Non hai, ou non debera, penso, non sei, haver certezas nin absolutos, nin xeneralidades... humor si, é bom e necesario, en verdade é bom e necesario...
Ro: hai reintegratas aos que sí lles fan gracia afirmacións coma esas e outras peores, e as dúas coñecemos casos. Quen non se sabe rir de si mesmo ten un problema. O mundo é así e este país peor? O mundo e este país teñen un problema. O dos gordos non me parece o mellor dos exemplos porque a ninguén lle mola estar gordo. De dogmatismos reintegratas non penso debater aquí. E sobre o humor dos políticos, si que matizaría a afirmación de Pawley: as forzas de esquerda en xeral teñen mellor sentido do humor que os do BNG en particular.
María, acéptolhe a súa matización sobre as esquerdas, aínda que reconhecerá que para ter máis humor que un Paco Rodríguez, por exemplo, tampouco fai falta moito. En canto ao feito de que a musa do blogomilho estea visitando os nosos blogs... Non sei, pregúntome, María, que é o que estaremos facendo mal... ;-)
Leonor, é que non hai nada como un bon recital poético para acabar dunha vez por todas coa cultura :-)
Santi, se alguén se sinte ferido, é porque carece de senso do humor, así que estaría dándome a razón. Polo demais, non só o narrador: todos temos a obriga de non crérmonos superiores aos nosos semelhantes.
descalza, as forzas de esquerda, según se mire. Bótanse o pasado ás costas, evolucionan un chisco, e de cando en cando acordan repartirse ben as asistencias aos plenos. E humor, o xusto.
webensis, todos non, claro. Eu sei de algúns ben simpáticos, pero hai outros por aí adiante que cada vez que os leo pónseme o pelo gris. E non me pida nomes, porque son capaz de darlhos.
peke, grazas polo apoio.
NAPG e ro, evidentemente toda xeneralización é mala. En calquera deses colectivos, a ningún dos cales pertenzo pero aos cales síntome razoavelmente próximo, hai xente maravilhosa e divertida, con ideas verdadeiramente útiles sobre esas materias. Pero tamén é innegável que a primeira impresión (e ás veces, todas as impresións) que un ten ao achegarse a eles é a dun intenso sopor e un certo agotamento. Quero crer que será posível dicir as mesmas cousas sen que un sinta medo de volverse un home triste por participar delas.
ictioscopio, é que ese verbo, crer, a min dame moita mala espinha.
dean martin: é q eu non considero q esta xeralización sexa acertada. ti dirías q os empresarios son graciosos? q botín o é? q alberto alcocer o é? e os ferraxeiros? e os curas teñen bo humor? hai bo humor por profesións ou por ideoloxía?
o márketing político di q un profesional diso ten q ser un home serio. e insisto en q só falas da esquerda, pero teimo en repasar a miña lista de dereitosos e non atopo simpáticos a simple vista. ti si? atopas simpáticos no pesoe?
non é por levar a contraria, pero quixera máis datos q unha simple percepción. pq me parece q como son os "nosos" é + doado criticar, pq os coñecemos.
[di manel fuentes hoxe na voz: "El humor no atiende a ideologías".]
dear maría: eu quería dicir q a xente q está obsesionada (+ se se senten perseguidos, como é o caso) por algo é + difícil q collan con bo humor certas cousas. non digo q me pareza ben, ben o sabes.
sb o dos gordos, se cadra non é o mellor exemplo, pero hai moitos aos q non lle importa nada de nada estar así. o problema non está no físico, senón na cabeza. hai xente cunha mini-barriguita lindísima q non aturan q ninguén lla toque nin q se metan con el. se estás agobiado pq tes unha barriguita de 20 grs... foderache q alguén faga un comentario sb ela. se non o estás, non.
Meu pobre Paco R. Por que o personalizades todo nel? Lembrade ademais que Beiras ten un excelente sentido do humor, eu teño esperrechado da risa con el en mitins e clases, e creo que esa foi unha das maneiras das que me achegase eu ideoloxicamente ao bng.
Ro, paréceme ben que defendas o dereito a non ter sentido do humor. Haber hai cousas que non teñen puta gracia e cada un usa as armas que ten para combatelas, nalgúns casos a seriedade, noutros a tristeza, noutros mala ostia e noutros o tomalo a coña. A falta de humor en sí mesma non é grave pero pode desembocar en varios perigos, como o de tomarse demasiado en serio un a si mesmo. E que outros con maior sentido do humor sí que se rían del. Non sei se me explico.
Nese sentido o humor debería ser un mecanismo de defensa. E eu si que penso que en Galiza temos moito diso. Ata Rajoy o ten.
Como ninguén falou da seridade e tristeza que se asocián ó poeta, pois aí van dúas pequenas faíscas:
"Porque para chorar é o poeta / porque para luír é o poeta" (creo que son de Pimentel, pero non estou certa)
E logo temos a Celso Emilio coa súa defensa de que a poesía sempre e social, comprometida e combativa porque un escribe de algo que lle doe. Parece que hai moita seriedade neste argumento, pero tamén moito humor e retranca en moitos dos xeitos en que facía esa denuncia ("leváronme preso un día por culpa dun falso amigo fillo vastago dun can").
Pawley. Penso que non falamos da verdadeira esquerda...a que sí evoluciona socialmente e que toma con humor as "parvadas" das oposición e son capaces de incluso utiliza-la ironía ou o sarcasmo como armas ferintes ante a cerrazón dalguhas mentes. SE as esquerdas non evolucionan mal vamos. Unha cousa é non esquecer as oríxes e outra é carga-los ás costas para que impidan avanzar.
As forzas de esquerda están demasiado preocupadas por "la nación y el bable" (palabras de Gustavo Bueno) de cada pequeño lugar.
Y esas cosas son muy serias. Cuidado con reirse de ellas ;o)
cajundiole, maría, q non taba defendendo o dereito a non ter humor (q tamén o defendo, pero non será hoxe). só me pregunto como se pode saber q unha determinada profesión (neste caso os políticos, ou máis concretamente, os esquerdosos) non ten bo humor. poñía o exemplo dos empresarios por iso. eu creo q botín pode ter un gran sentido do humor, outra cousa é q a percepción da economía (como da política) se vexa como algo moi serio e non se poñan a facer coñas en público.
poño o caso de quintana, por ex, q a min me parece o tipo + soso do mundo. os seus amigos de toda a vida aseguran e reaseguran q é un tipo supercachondo cando está entre colegas.
ro: ¿os empresarios? Non. ¿Os curas? Tampouco, e en particular Rouco Varela, a quen eu describiría cunha única e moi castiza palavra: cenizo. Se quere preguntar por máis colectivos, adiante, non se corte, pero advírtolhe que o debate non é ese. Entre outras cousas porque eu estou criticando a espesura duns grupos polos cales sinto unha certa proximidade ideolóxica. Se os do PP son moi antipáticos, peor para eles, pero a triste realidade é que polo de agora son eles os que mandan na Galiza. O que eu esixo xustamente é un pouco de alegría a aqueles grupos que se queren erixir en alternativas viáveis. Dificilmente o BNG chegará nunca a tocar poder mentres sigan vestindo de indefinición e aburrimento a súa mensaxe política, no caso de que a tenhan (inciso necesario: tamén hai xentes no benegá que para darse uns banhos de popularidade convírtense en gruppies dun equipo de futebol, por exemplo o Dépor. Tampouco se trata diso).
Polo demais, ro, paréceme que vostede confunde o humor co cachondeo. Eu non estou pedindo que me fagan mítins en versos ripiosos coma os do Don Mendo nin que me conten chistes desde as tribunas. O que eu pido é que melhoren a súa capacidade para encaixar críticas e que ganhen en optimismo e confianza na xente. Que deixen de actuar como iluminados cheos de razón que viven rodeados por imbéciles escuros. Simplesmente iso. Que logo a título particular Quin ou calquera outro poida ser o rei das festas é algo que non me interesa en absoluto. A vida privada de cada un é iso, privada.
María, de acordo con vostede, pero non se perda a minha resposta a deskalza ;-)
caladinha, por suposto que o humor está presente na poesía; o que non tenho tan claro é que estea presente nos poetas.
deskalza, pero é que o humor non é tan só unha arma de ataque e de defensa. O humor é unha atitude ante a vida, que bota man do escepticismo e que se caracteriza esencialmente polo amor aos nosos semelhantes. Castelao foi un grande mestre do humor, por iso as súas palavras seguen soando hoxe con tanta forza.
webensis, é que as nacións e as linguas proprias son unha cousa moi moi seria. Vostedes os ibéricos sen ir máis lonxe están permanentemente preocupados polas que non súas.
Poucas veces se profundizou no humor con tanta serenidade. A verdade é que o seu blog non deixa de ser unha fonte de auga potabel para todos os que teñen sede dela.
Borren da súa memoria ese agradéxolhe do comentario anterior e imaxinen que pon agradézolhe. Por outra parte, na frase final do comentario 22 falta un verbo: polas que non son súas.
"O que eu pido é que melhoren a súa capacidade para encaixar críticas e que ganhen en optimismo e confianza na xente".
estou de acordo con vde en case todo o q lle pide ao bng, pero non vexo q ten q ver encaixar críticas e gañar en optimismo con ter humor ou non.
e, falando de todo un pouco, o bng ten exactamente os mesmos defectos q a sociedade galega (xa q son parte dela): baixa autoestima, desconfianza absurda, limitación de miras, escaseza de ideas novas...
ou acaso temos unha sociedade civil vital e optimista? ou acaso hai algo en gz q funcione mellor có bng? alguén foi quen de montar un xornal en galego, escolas en galego, cinema en galego, un tecido empresarial q crea no país?
[e conste q non son do bng, e seguramente non o serei nunca, pero tanta literatura contra o bng (outra cousa non, claro) xa empeza a fartarme, q aínda non vin ningunha louvanza a algunhas cousas q si fixeron ben, como por ex. a cidade de pontevedra.]
Pois que quere que lhe diga, ro, pero unha sociedade que se lanza masivamente ás rúas para queixarse con humor e lucidez polas cousas que pasan si podería encaixar na definición de sociedade civil vital e optimista. Deixemos xa o disfrace de galegos laiantes, que como ben di o meu amigo Roque Torpe xa chorou Rosalía dabondo por todos nós. Mire, ro, o humor non consiste en rirse dos demais; o humor consiste en saber rirse de todo, para empezar dun mesmo. O humor precisa dunha visión do mundo agarimosa e escéptica que nos faga ver con claridade que o único irremediável é a morte; precisa da confianza na xente, que por defecto é boa mentres non se demostre o contrario. Non existe humor cando o que se exibe é unha soberbia desprezativa que se dirixe xustamente contra os máis débiles ou os menos informados. O humor ten que ser corrosivo co poder e xeneroso co cidadán. Vostede segue confundindo o humor cos chistes, pero non se preocupe, xa se lhe irá pasando cos anos.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.