Sábado con fúmbol no meu povo. Os de Vila de Riba xogan contra os de Vila de Baixo e ganhan por tres a cero. Coa súa derrota os de Vila de Baixo fican aínda máis preto do descenso á segunda división, o cal para algúns debe ser unha traxedia nacional, algo semelhante a ter que participar na fase previa do eurovision song contest.
dois
Se presidir un equipo de fúmbol e morrer serviu para disfrazar de home honrado a un mafioso miserável, ¿ti a que esperas, Monchoesmucho?
tres
Oio ese ¿regalo? perpetrado polo Ayuntamiento de Madrid contra o príncipe e a periodista, unha composición do eximio Nacho Cano que podía encaixar ben como acompanhamento musical dunha escena de sexo light nun telefilme. A súa calidade é só comparável á do vinho que se vai beber durante o enlace.
Tenho entendido que Pérez Varela intentou regalarlhes aos noivos unha actuación de Carmiña Burana, pero infelizmente non se lhe puxo a tiro.
De ir vostede a Riazor non o vexo sentado na tribuna, máis ben de pé na grada, no meio da algarabía na torre de maratón.
A verdade é que os do seu povo son melhores.
Supoño que agora que van xogar a segunda, o Celta empezará a acumular débedas que teremos que enxuagar entre todos. A ver qué din os señores de UE ao respecto, xa saben, coma dixeron que as axudas a Izar eran ilegais porque minaban a libre competencia.
Li mesmo agora noutro blogue que a composição musical do tal gajo (que não sei como é que ainda faz música) tem muitas, muitas semelhanças com uma outra composição do Wim Mertens. A resposta de Cano: "Eu não sei quem é o belga esse".
Ferrán: a velada (ou non tanto) suxerencia de plaxio dérona hai un par de días en "Hora 25", na SER.
¡Quén nos ía dicir que, entre bodas de parásitos e golfas, xenocidios legalizados e enterros de delincuentes, as noticias do fútbol serían as máis nobles dos xornais!
Menos mal que, cando menos, tamén falan do Xocas. Quen, por certo, comparte homenaxe en Vilagarcia (Liceo-Casino) cun ilustre esquecido, Manuel Rey Posse, creador, entre outras moitas artistadas, da "Foliada de Santiago" (¿Que non a coñecen? Sí, sí que a coñecen... di tal que así: "Polo Sar abaixo vai / unha troita de pé / corre que te corre, quén / a poidera coller...")
Gracias ó anónimo por lembrarse do meu abó, Manuel Rey Posse, inxustamente esquecido como moitos autores. Efectivamente escribiu a Foliada de Santiago, e tamén e o autor do Vira o pé (que bailamos todas as meniñas das rías baixas), e da letra da obra A Lenda de Montelongo, con música de Bernardo del Río, quen fora o fundador de Cantigas da Terra. Foi unha homenaxe bonita e merecida
Parabéns por lembrar a Rey Posse e tamén a Bernardo del Río, grandes persoas que deu o noso País! :)
Só dicir que Bernardo del Río Parada foi fundador do coro Cantigas e Agarimos (non Cántigas da Terra), xunto con Salvador Cabeza de León, Henrique S. Guerra e Camilo Díaz Baliño.
Cántigas da Terra fundaron-a, o 28 de Nadal de 1916, Eládio Rodríguez González, Xosé Iglesias Roura, Maurício Farto Parra e Manuel Fernández Amor, entre outros.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.