É habitual que nos reloxios de sol aparezan lendas que reflicten a visión do seu autor sobre o paso do tempo.
Nesta páxina recólhese unha extensa lista desas frases froito do esforzo de Jesús de la Calle, membro da Asociación de Amigos dos Reloxios de Sol. Dela aliméntase unha lista, a de hoxe, especialmente filosófica e que quizá nos sirva para reflexionar un pouco sobre a fugacidade da vida e esas parvadas coas que os humanos perdemos o tempo que deberamos adicar a procurar ser felices.
Amicis qualibet hora (para os amigos, calquera hora)
Breves sunt, sint utiles (son breves, que sexan útiles)
Dubia cunctis ultima multis (non sabes que esta é a última para moitos)
Dies fugit sicut umbra (o día foxe como unha sombra)
Dum numeras amittis (mentres as contas, pérdelas)
Felicibus brevis, miseris hora longa (a hora é curta para os felices, longa para os aflixidos)
Laedunt omnes, ultima necat (todas firen, a derradeira mata)
Lucet demostrat hora (a sombra amosa a luz)
Memento mori (lembra que has de morrer)
Me ortum, forsan non occasum (víchesme saír, quizá non vexas o ocaso)
Mors certa, sed hora incerta (a morte é segura, pero a súa hora é incerta)
Nulla fluat cuius non meminisse velis (que non pase ningunha que non desexes lembrar)
Senescis aspiciendo (faste velho mentres miras)
hoxe hai un ano: if...
¶