Só dez discos de jazz? A cifra revélase claramente insuficiente, pero para ir empezando non está mal. Sei que esta era unha das listas que antes ou despois tinha que acabar aparecendo por aquí, que por algo di Algernon que eu son un fanático desta música, aínda que realmente o blogueiro que máis sabe de jazz dos que eu conhezo é este, que me deu a conhecer bastantes obras fundamentais e evitou que eu seguise detestando a Ornette Coleman (empecei a sentir certo odio por Ornette despois de escoitar o insufrível Dancing in your head que gravou en Marrocos no 73). A minha discoteca melhorou notavelmente en cantidade e calidade coa súa colaboración.
Un non pode resistirse ao Blue Rondo à la Turk de Dave Brubeck, nin ao Nardis en versión do George Russell Sextet. É imposível non gostar do Juju de Wayne Shorter, dos experimentos de Gil Evans ou da paixón rota de Billie Holiday. Ninguén sensato pode ignorar a química que se producía nos encontros de Ella Fitzgerald con Louis Armstrong ou o dominio de todos os rexistros musicais de Duke Ellington. E de Charles Mingus, John Coltrane e Miles Davis absténhome de dicir nada novo, pois todo canto dixera sería pouco.
Aquí van, pois, dez discos de jazz imprescindíveis, calquera deles un bon xeito de achegarse a unha arte inagotável:
Calquera boa compilación de Duke Ellington A love supreme, John Coltrane At Carnegie Hall, Dave Brubeck Quartet At the Plugged Nickel, Miles Davis Chet Baker sing, Chet Baker Ella and Louis+Ella and Louis again, Ella Fitzgerald e Louis Armstrong Explorations, Bill Evans Ezz-thetics, George Russell Sextet Juju, Wayne Shorter Kind of blue, Miles Davis My favorite things, John Coltrane Porgy&Bess, Ella Fitzgerald e Louis Armstrong Songs for distingué lovers, Billie Holiday The Black Saint and the Sinner Lady, Charles Mingus The clown, Charles Mingus The complete Africa/Brass sessions, John Coltrane The individualism of Gil Evans, Gil Evans The shape of jazz to come, Ornette Coleman Tijuana moods, Charles Mingus What is jazz, Leonard Bernstein
E aínda faltan Eric Dolphy, Charlie Parker, Sonny Rollins, Dizzy Gillespie, Don Cherry...
Quizá sorprenda a inclusión na lista de What is jazz, que non é exactamente un disco de creación musical, pero que non deixa de ser tamén dunha gravación imprescindível: eu non sei de ningún outro sitio no que se explique tan ben e con tan estupendos exepmplos o que é o jazz, e da man dun xenio como Leonard Bernstein.
Uuuuf... se me hace imposible evaluar algo que así. Desde luego, los que están lo son... los muchísimos que no, puede que también.
Le sugiero que centre un poco la cosa en varios topTen:
- los dies más aterciopelados
- las diez voces
- los diez pianos
- las diez trompetas
- los diez bebop
- los diez modern
- diez clasicos
- diez temas de orgasmo
- los diez estandar imprescindibles
- diez improvisaciones
- diez para bailar
- diez para romper el mundo
...
si consigue hacer unos 100 diferentes, lo mismo conseguimos algo :-)
Por aportar que no quede, aunque ¡Dios me libre de rectificar lo que han escrito mis ilustres predecesores!
A la lista del Seor Peje, yo añadiría -humildemente- los diez saxos tenores.
Para muestra recomiendo "Coleman Hawkins encounters Ben Webster" y de las siete maravillas que hay en el disco, la titulada "Rosita" por lo inusual.
Eledhwen, eu se tivese que escolher un só, optaría por Mingus. Pero ninguén será tan desprezável como para obrigarme a escolher un só, digo eu...
Vendell, o "Explorations" de Bill Evans xa está na lista. Pensei en meter tamén o "Waltz for Debby", pero entón pasábame dos dez pactados. ;-)
Pez, a idea era elixir algúns discos que fose absolutamente necesario ter. Ninguén duvidará da especial relevancia que dentro da historia do jazz tenhen Kind of blue ou A love supreme (por certo, apareceron recentemente en español dous livros que se ocupan a reconstruír a xestación desas obras mestras). Limiteime a ampliar esa selección de imprescindíveis con autores máis ou menos variados que poden representar ademáis diferentes tendencias dentro da música. É obvio que a voz sedosa (e especialmente orgásmica) de Chet Baker ou a elegancia clásica do trío de Bill Evans son máis accesíveis para os neófitos que a aposta polo risco dun Ornette Coleman ou o barroquismo demoledor do Mingus máis desaforado. Unha vez fixadas "as bases" en próximas semanas poderemos ir facendo listas máis específicas, entre elas moitas das que você suxire.
Rigel, aporte, aporte, que toda aportación é sempre benvida.
Stan Getz, boa suxerencia. En canto a Gershwin... non sei, eu adoro a súa música, en especial a Rhapsody in blue, pero por moito que as influencias do jazz nel sexan obvias metelo nesa categoría é tensar un pouco as definicións, non lhe parece?
Y de los que has puesto ahí mis favoritos son "A Love Supreme" y sobre todas las cosas: "A kind of blue".
Este último suena en mi casa una vez al trimestre como mínimo desde hace quince años.
Cuando pruebo instrumentos acostumbro a tocar "So What" de ese disco. Enorme sonido, enorme talento y trmendo comienzo para un disco inmortal.
Si! De feito, creo que o único episodio verdadeiramente interesante desa película é o da Rhapsody in blue, cos desenhos ao estilo das caricaturas de Al Hirschfeld.
disculpen que no puse mi nombre y lo de anónimo no me apetece. me saco el sombrero y saludo a la concurrencia al tiempo que añado a la lista a mal waldron
E Count Basie e Art Blakey e Abdullah Ibrahim e Sun Ra e Ahmad Jamal e Keith Jarret e Django Reindhart e Stephane Grappelli e Donald Byrd e Errol Garner e Jaco Pastorius con ou sen Weather Report e Pat Metheny e McLaughlin con ou sen Mahavishnu Orchestra e Mike Stern e Wynton Marsalis e Wes Montgomery e Charlie Christian... outro dia falamos do Latin Jazz.
Count Basie estaba ben dirixindo orquestras para Sinatra. Django e Grappelli son divertidos e un chisco insubstanciais. Pat Metheny abúrreme mortalmente. De Marsalis, Wynton falei aquí. E non, non, de latin jazz non é preciso que me fale: non o considero necesario. :-)
Count Basie tamén esta ben sen orquesta, con Oscar Peterson por exemplo gustoume. Django e Grapelli gustanme frenéticos e swingueiros 200% na onda de Glenn Miller, Benny Goodman ou mesmo Charlie Christian... pero entendo que o swing gusta ou non gusta, igual que o latin-jazz, co de Metheny dacordo, os comentarios de Miles e Keith Jarret do seu post non os coñecía e tampouco o vin en directo, tomo nota das súas opinions.
A verdade é que o latin jazz non me interesa nada de nada (e Fernando Trueba, aínda menos). Está ben para escoitar ao vivo (eu vin a Paquito D'Rivera e a Arturo Sandoval en acción e paseino estupendamente), mas na casa, nun CD, xamais o ponho.
E Bebos e Cigalas, tampouco, claro. Eses, nin ao vivo.
Eu fun a Santander a finais do ano pasado a ver a Camilo so, concerto aplazado polo 11M, un pode pensar que so bate no teclado facendo eses "block chords" a ritmo de salsa e que so é cuestion de rapidez pero a verdade e que en certos temas menos animados descobrese a súa formación clásica, canseime de aplaudir e conservo o set list que lle caeu cando deixaba o escenario. Vese que é vostede mais purista que foder sen condón (con perdón) e que a cousa da mistura non lle vai nadiña, logo dos screaming headless torsos nin falamos ou? haha.
Pawley, engada xa a lista o Kofi de Donald Byrd, mencionado ahí arriba polo Palanghreiro de Lalín. E un refrito de estudio, pero unha auténtica marabilla.
Dinme de alta no sitio que lle puxen no campo URL. Descubrino hai ben pouco e un xeito de conectar a xente que escoita cousas semellantes e descubrir así se cadra temas ou interpretes non coñecidos ainda. É un plugin para o reproductor mp3 (haino para case os máis populares) e vai mandando datos segundo vai reproducindo.
Yo no dejaría fuera discos como "My song" de Keith Jarrett, "Waltz for Debby" de Bill Evans, "Charlie Parker with strings", "Heavy Weather" de Weather Report, "The road to you" Pat Metheny Group,"Summit" de Astor Piazzolla y Gerry Mulligan, "Chet Baker in Paris", entre otros ¿Por qué no "Angelus" de Milton Nascimento?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.