Inicio > Historias > Por mi culpa, por mi culpa, por mi grandísima culpa
> Por mi culpa, por mi culpa, por mi grandísima culpa <
Sabiamos da súa arrogancia e da súa necedade, do seu desprezo explícito por quen non pensa coma el. Hoxe descobrimos tamén que na súa mentalidade cativa non hai máis estado que o que cabe dentro da catedral da Almudena. Só alguén cunha visión estreita da realidade (xusto o contrario do que se lhe esixe a un dirixente político) pode convertir o que debera ser a homenaxe civil ás vítimas dun brutal atentado nun simples funeral católico, evitando ás outras confesións dun país que é, non o esquezamos, constitucionalmente laico. Pero a constitución, ao parecer, só serve de "xeneroso marco de convivencia" cando a eles lhes convén. Cando non, o estado fica reducido ás palavras dun arcebispo que predica para os demais a tolerancia da que carecen el e a Igrexa que governa. Unha Igrexa que non soubo ou non quixo suxerir a conveniencia de abrir o acto a todos, quizá seducida polo entusiasmo de se saber protagonista de moitos minutos en prime time.
Este era o momento de unir os desexos de paz da inmensa maioría dos cidadáns que viven na España, venhan de onde venhan e crean no que crean, deixando ben claro que ningunha ideoloxía ou crenza que mereza respeito pode permanecer indiferente ante o asasinato, suceda en Madrid ou en Kerbala. Este era o momento da autocrítica, a comprensión e a tolerancia, pero eses son termos que non existen nos dicionarios da Moncloa. A eles bástalhes e sóbralhes cunha cerimonia á medida da súa fe, coa inocencia e a culpabilidade reunidas baixo un mesmo teito pola hospitalidade daqueles que cambian pecados por oracións.
Por mi culpa, por mi culpa, por mi grandísima culpa...
Vendell, mire na edición dixital do Hola, que xa saen algunhas fotos. Estiven curioseando onte nela para ver se atopaban algunha imaxe de Josemari e Ana coa que ilustrar o post. Ao final optei por retocar unha foto sacada da web da "Voz".
Akin, os desa confesión poden consolarse indo a misa cando lhes pete, e paréceme estupendo. Pero o Estado é outra cousa.
lembro unha frase gloriosa de pilar del castillo a propósito da contrareforma educativa que ven moi ben ao caso:"vivimos en un estado laico pero no aconfesional"
Mea culpa.
Desde que perdimos o latín e as misas danse como se dan, as hostias xa non son o que eran. O esceario -qué pobreza a da Almudena-, parecia unha igrexa calvinista. A coreografía penosa, por moitos bispos, arcebispos e non sei se cardeais intervintes, seguro que non teñen nin Dean; incienso de garrafón. Así conseguiron todos os ingredentes para ocupar a mañán dunha Minoria Inmensa que sofreu o indecible ao ver sofrer a tan altas instancias, facendo un gran acto telemirón ceboleiro-choroso retransmitido á plebe en pantalla xigante.
Aquí quédome en branco nuclear ou ben calco unha a unha as letras, palabras, e oracións do terceiro parágrafo do responsable deste escribidoiro, algo que non debo facer.
Con todos os meus respectos para os de verdade doentes.
Sinto interrompir de novo mais quedoume un deber pendente.
Se non é moito dála lata gostaría que fose definido un pouco máis iso do "cun perfil clásico de profesor de secundaria" que foi posto polo responsble hai uns días.
¿É polo de poli de gardería?
Insisto, Indi: mire ben para Francisco Rodríguez, Henrique Tello, etc.
Como estaba falando con amigos non puiden reparar ben no que saía pola televisión. Iso que fixeron hoxe pola manhá nun sitio que lhe chaman Vistalegre, tamén era un funeral?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.