Como (case) sempre, Vendell ten razón. Os resultados eleitorais non deberían ser nunca un fin, senón tan só un principio, a marca de xiz que uns cidadáns lhes ponhemos a outros prestándolhes o poder coa intención de que o administren ben. O noso labor, por suposto, non remata aquí; pero despois destes anos de asfixia, é razoável tomarse unha noite para respirar:
Se eu voltar aos teus braços Vou repetir meus fracassos Tudo aquilo que passou Eu sinto-me tão alegre É justo que eu não me entregue Aos teus caprichos amor
Muito consultei meu coração E cheguei à conclusão Você pra mim morreu
Minha vez de sorrir chegou agora Quem perde é quem chora E você perdeu, perdeu.
e seguimos a traballar para o inglés, pero polo menos xa non están os que estaban, o mundo pode cambiar nunhas poucas horas se a xente o quere.
Hai futuro, ou non?
Pero, seguindo con textos do grande Nicanor Parra:
Ojo: peligro a cero metros
Por se acaso, sigamos atentos. Xa lhes dixen que ía ser unha lexislatura moi divertida. A fin de contas, iso foi o único no que acertei, aínda que sospeito que os que noutras condicións me reprocharían o erro no prognóstico non han de pasar polo blog estes días...
Eu escribín hai uns días que en España é imposível perder unhas eleicións. Os partidos instálanse no poder e de seguido crean unha rede de intereses mutuos eficacísima para perpetuarse nel (Galiza, Castilla-La Mancha, Extremadura, Andalucía, Euskadi... a Catalunya de CiU durante un feixe de anos, o governo de Felipe González). Vencer iso é imposivel, así que só queda agardar a que os excesos de confianza derivados dese xeito de entender o poder (corrupción e autoritarismo) acaben por resultar tan desmesurados que resulten inaceptáveis para a cidadanía. Trátase de suicidios políticos, como os cometidos polo PSOE entre o 93 e o 96, enmerdados até as orelhas por escándalos de toda condición, ou este que acabamos de vivir nas últimás horas, cun PP entregado ás máis baixas das mentiras e as manipulacións, mentres a xente, pasado o impacto inicial da masacre, erguíase esixindo a verdade. O PP perdeu as eleicións na tarde-noite do sábado 13 de marzo, unha tarde-noite emocionante e estranha, case clandestina, que eu vivín coa sensación de estar participando dun acontecimento histórico. A realidade, 24 horas despois, superou todas as expectativas.
Repito aquí un comentario que deixei no moi recomendável blog de deneno:
Curiosamente o voto útil non perxudicou de todo a EU-IU na Galiza, que pasou dos 21.127 votos do 2000 aos 30.894 de onte. A que se debe o feito de que, con todo en contra e coa certeza de que non tinhan posibilidade de obter escanos nestas provincias, EU-IU melhore os seus resultados, e o BNG, porén, perda a un de cada tres votantes? Non será tempo xa de que no Bloque alguén faga algo de autocrítica, ou seguirán apostando a que para a próxima todo lhes vai ir melhor? Cada vez que corre algo de vento, o BNG colhe pulmonía.
O do zapato debe ser Beiras, pero tenho entendido que o líder do BNG agora é un tal Anxo Quintana. Perderon un de cada tres votos, pero seguen pasando dos 200 mil. Sospeito, Moebius, que o que a vostede lhe fai dar botes de ledicia é o espectacular aumento de ERC e o afianzamento do PNV como primeira forza política en Euskadi, e imaxino que tamén toleará co entusiasmo ao ver ao nacionalismo tamén presente desde Navarra.
Será un pracer, Vendell. Creo que vai tocar un menú ben mediterráneo, cun achegamento ao mundo árabe da man da cocinha de Marrocos para quen se atreva.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.