caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Privilexios e necesidades
> Privilexios e necesidades <

Por razóns que se me escapan de vez en cando a algunhas persoas dáselhes por preguntarse se a súa presenza e participación en certos ámbitos é necesaria, valiosa ou produtiva. Iso non sería malo de non ser porque esa xente tende a responderse a si mesma desde parámetros certamente pesimistas, até concluír que a súa aportación ao mundo mundial é máis cativa cá do resto dos mortais e que, polo tanto, poden afastarse con discreción sen que ninguén os bote de menos. Hai que ver que manía tenhen algúns de xulgar sen compaixón o que fan, coa cantidade de xente que xa hai por aí disposta a facelo por eles.

Vén isto a conto do último, que non derradeiro, texto escrito polo amigo Yogurtu, que anda dicindo que a súa bitácora "no es pertinente", que "no aporta nada". Eu comprendo que as baixas temperaturas na Suiza poden facer que mesmo un home intelixente como el acabe por dicir algunha cousa incoerente como esa, quizá froito dalgunha estranha indisposición transitoria.

Deixando aparte ao mestre Vendell, eu non sei de ningún blog en español tan ben escrito como o de Yogurtu. Minto: hai outro igualmente brilhante e que permanece en silenzo desde hai meses pola terquedade do seu autor, enrocado tamén na absurda excusa de que non ten nada que dicir, como se nós non tivésemos a certeza de que lhe sobran recursos e ideas. Yogurtu alega no seu descargo a máis insólita xustificación para deixarnos compostos e sen bitácora: unha especie de exceso de satisfacción (laboral) que fai que non sinta tanta necesidade de darnos a ver o que el escribe. Non me negarán que até para despedirse ten arte.

No fondo os casos de Yogurtu e de Ender son moi semelhantes. Trátase de dúas persoas afectadas polo veleno da creación, que disfrutan lendo e escribindo, e van seguir facéndoo moitos anos, pero pretenden non compartilo connosco, aqueles que os sabemos necesarios.

Négannos o privilexio da súa prosa, cousa que lamento profundamente. Eu, polo menos, conservarei o privilexio da súa amizade.


As historias de Yogurtu / As historias de Ender

2004-02-09, 01:00 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/15554

Comentarios

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley