Nin Buñuel, nin Berlanga: o melhor director do cine español é, sen dúvida de ningunha clase, Víctor Erice. Vergonha debe producirlhe a toda persoa dotada de intelixencia e bon gosto o feito de que este xenio atope constantes dificuldades para rodar, como cando hai uns anos un produtor imbécil prescindiu dos seus servizos para ponher a un pelota mediocre a cargo de El embrujo de Shangai. Erice levaba un par de anos entregado á escritura do guión cando recibiu a patada final, humilhación que lhes confeso eu case sentín como propria. Desde entón só volveu ponherse detrás das cámaras para dirixir Alumbramiento, unha peza de dez minutos que forma parte dun proxecto colectivo, Ten minutes older. Lamentavelmente non tiven ocasión aínda de vela, pero bástame ter lido o excelente artigo que no seu día lhe adicaran en El Cultural para entender que era cine en estado puro, un novo froito sublime dun creador sempre subido ao lombo da perfeición.
Trinta anos despois da súa estrea diversas salas terán manhá a honra de reponher El espíritu de la colmena, unha das obras fundamentais da arte do século XX. Con ese motivo Carlos F. Heredero regálanos este espléndido texto que nos serve como magnífica introdución a unha película inesquecível. Cine para levitar, dese que ninguén fai xa.
dois
A Nosa Terra cede no seu número desta semana unha páxina enteira ao mundo das bitácoras en galego, o blogomillo según feliz invención da ¿anónima? autora de todo nada. En pouco mais dun mes duplicouse a cifra de bitácoras na nosa lingua, noticia que nos deixa a todos moi bon corpo, e que me move hoxe a suxerir un exercizo de prospectiva grupal. A cuestión é: cantos blogs en galego calculades que haberá a finais deste 2004?. O 2003 foi o ano da grande explosión bitacoril no vecinho Portugal, onde pasaron duns centos escasos a un par de miles de páxinas en poucos meses (o companheiro Leonel Vicente fixo un esforzado repaso da pequena historia dos blogs portugueses na súa serie Ano dos Blogues). Aqui no Terceiro Mundo non haberá de ser para tanto, pero si é previsível un xeneroso crecemento ao longo deste ano. Calquera estimación que fagamos está case condenada ao fracaso; en calquera caso fica aí aberta a convocatoria: que cada un diga unha cifra, e na próxima blogoquedada de Nadal ao que mais se aproxime se lhe outorgará como premio unha botelha de licor café ourensán.
A minha proposta: 150 blogs en galego, dos cales entre 20 e 30 corresponderán a autores que publican habitualmente en prensa ou mesmo tenhen algún livro editado.
0, seria un numero estupendo de blogs nacionalistas que no dudan de tildar de imbeciles y peloteros a quienes se ganan a pulso su reconocimiento profesional en el mundo cinematografico tras muchos premios entre ellos muchos goyas y algun que otro oscar...
Anónimo, lamentavelmente para você os seus desexos non se van ver cumpridos. Os blogs en galego imos ser un feixe, xa o verá.
Polo demais, disfrute moito con esas Niñas de tus ojos e mesmo coa trapalhada do jazz latino. Eu, que acostumo a non perder o tempo, sigo preferindo a Erice e a Coltrane.
Mr. Pawley> se me escapa el significado de 'trapalhada', aunque por el contexto me puedo hacer una idea. Muy bueno lo de Trueba como "pelota mediocre" X-DDDDD
Una pregunta> le gusta Buddy Rich?
Julius: pois non especialmente, a verdade. Quero dicir, tendo a Charles Mingus, a John Coltrane, a Miles Davis, a Bill Evans, a Eric Dolphy, a Louis Armstrong, a Chet Baker, a Ornette Coleman, a a Ella Fitzgerald, a Billie Holliday, a Gil Evans, a Dizzy Gillespie, a Dave Brubeck... en fin, até agora non vin razón para ocuparme demasiado de Buddy Rich.
Trapallada, según o dicionario Xerais, é un conxunto de cousas sen importancia. Fícalhe mais claro agora, verdade? (Se quere algún outro exemplo, pense en Diana Krall).
Mc, agardo ansioso que se una vostede ao mundo BloGalego. Mentres tanto, convídoa a que faga unha estimación do número de blogs na nosa lingua. Xógase unha botelha de licor café, non o esqueza!
Concordo no dos 20 ou trinta intelectuais que estreen blogs, anque desconfío de que os manteñan máis aló da novedá. Sobre o resto non me atrevo a dicir unha cifra, oxalá que moitos, pero como esbardallar é gratis (por iso estamos aquí) vou superar a Pawley e dicir... 200?
Son gran amante de Dizzy Gillespie, Chet Baker e algúns outros.
Por certo Paquito d' Rivera estaba sensacional con Dizzy e prescindible (para min) sen el. (O jazz latino abúrreme, prefiro o latino sen jazz , como as percusións de Patato.
Diana Krall baixa ben cun café, agradable pero sen trascendencia, ¿por que non un pouco de intrascendencia?
Son aínda duro de orella para entender a Ornette Coleman e Charlie Mingus.
Chamada urxente:
¿Ónde atopar un bo tutorial de Movable Type ou sistema semellante para Mac OS? (in lingua romance, se lle parece)
Totalmente de acuerdo en lo de Trueba. Además de Opera Prima, por simpática, ¿se puede saber qué ha hecho este pollo para justificar el halo de director consagrado que parece rodearle?
Aranda, Almodóvar, Garci,... Que esta gente sigan haciendo creer a los espectadores que lo que dan es buen cine no deja de tener cierto mérito, pero más propio de un charlatán de feria que de un artista.
Eu vou máis aló e digo que os blogs "de" galegos superaran os douscentos. Claro, que os blogs "en" galego se chegamos aos cen, terían xa o seu mérito.
Cada vez heme máis difícil facerlle un seguimento puntual e a diario a todos os blogs que están a ve-la luz, pero, de verdade, os que enganchan moito máis sempre son aqueles primeiros cos que bateron os teus ollos.
xastellas, insista un pouco con Mingus: logo mo agradecerá. Non lhe podo dicir nada sobre o Movable Type, pero quizá algún dos visitantes da páxina poida dar algunha pista.
paseante, estou de acordo. Mesmo podería engadir outros nomes a esa lista, pero hoxe estou de bon humor e non quero pensar en cousas desagradaveis!
Repasamos os prognósticos até o de agora:
Pawley: 150
Títalo: 100
María: 200
Mc: 175
Dorvisou, se quere vostede optar ao premio final da botelha de licor café debe dicirnos unha cifra concreta. Non vale iso de "a ver se chegamos a cen"! ;-)
Mr. Pawley, un par de cousas:
Um> Gracias por la aclaración lingüistica. ¿Ese dicionario Xerais está disponible en la Red? ¿Podría recomendarme páginas sobre la lengua gallega?
Dois> Pues Buddy Rich es a la batería de jazz lo que John Ford al cine. Así que ya está usted haciéndose por medios lícitos o ilícitos con estos dos cds: 'Keep The Customer Satisfied' y 'Take It Away!' (ámbos en BGO Records). Y ya que va a su tienda de discos favorita, apodérese de 'Echoes of Harlem Big Bands',de Benny Carter y Cootie Williams(Definitive Records).
Julius, xa sei que Buddy Rich é un grande batería. E tamén hai grandes guitarristas de jazz, pero... habendo pianos, trompetas, saxofóns ou baixos, de verdade un debe preocuparse polas baterías e as guitarras (no jazz, refírome)? Tomo nota das referencias, de todos xeitos. E tome nota vostede desta: Cosmopolite, Benny Carter e Oscar Peterson e co proprio Buddy Rich encargándose da percusión.
Logo buscarei algunhas páxinas sobre lingua galega, pero así a primeira vista non me consta que exista ningún diccionario de galego bo pola rede. Agora ben, se lhe vale un diccionario para o ordenador, pídamo a min (ou a Jaio, sen que sirva de precedente).
Eu digo que moitos blogs en galego. Tantos que non os daremos leído todos.
¿Bateristas? Alvin Jones, deslumbrante nos discos de Coltrane e, moi especialmente, o malogrado Scott Lafaro. Imprescindible nas últimas sesións da súa vida con Bill Evans no Village Vanguard.
Vendell, "moitas" é unha cifra demasiado ambigua como para considerala válida para o concurso. Elvin Jones, certo, grande baterista, tamén con Wayne Shorter, por exemplo. Unamos a esa lista a Dannie Richmond, habitual nos trabalhos de Mingus. Aceptamos tamén ao esforzado Rashied Ali do Interstellar Space coltraniano?
Aproveito a ocasión para solicitar esas sesións no Village Vanguard co malogrado baixo Scott LaFaro e o estupendo Paul Motian na percusión.
Julius, xa fixen os deberes! Aquí están algunhas referencias sobre a lingua. Para empezar, un curso de galego, especialmente dirixido a falantes de castelán. Se non gosta del, probe con este, a ver que lhe parece. A web da RTVG inclúe un dicionario que lhe pode sacar dun apuro de cando en cando (aí lhe vai tamén un de portugués). O buscador de Vieiros proporciona unha lista de enlaces, entre eles algúns correctores ortográficos para os procesadores de texto máis comúns. Atopará cousas moi interesantes para ler de balde na biblioteca virtual. E se o que lhe peta é afastarse un pouco da norma oficial e mergulhar por outras modalidades, visite esta páxina, por exemplo.
Por último, non deixe de visitar BloGaliza, o ponto de encontro dos blogs en galego. Aí atopará enlaces ás bitácoras na nosa lingua, ás cales tamén pode acceder desde a lista de enlaces que eu mesmo tenho posta nestes días estranhos.
Que dificil, mmmm, se vieiros segue a sacar unha noticia cada mes sobre as bitácoras en galego (bueno, sobre María xD) pode que a final de ano cheguemos ós... eu vou ser máis pesimista.
Umm, creo que chegamos os que vemos o vaso medio valeiro -ascárida e servidor-. Opino que non chegamos aos cincuenta os blogs en galego a fin de ano -con todo o meu pesar.
Eu tamén podo optar a ese MAGNIFICO licor-café? :-)
Pawley: eskerrik asko por los enlaces lingüisticos. Les hincaré el diente con gusto y con ganas.
Dice usted que "xa sei que Buddy Rich é un grande batería. E tamén hai grandes guitarristas de jazz, pero... habendo pianos, trompetas, saxofóns ou baixos, de verdade un debe preocuparse polas baterías e as guitarras (no jazz, refírome)? "
¡Ay! Aquí sí que tenemos puntos de vista muy diferentes, amigo Pawley. Sucede que, para mí, la batería es EL instrumento. Y en el jazz sobre todo, que dejaría de tener cualquier interés para mí si no hubiera 'drum kit'.
101,amigo pawley...
101 blogs en galego é a minha aposta para alcanza-la gloria con esa botella de licor de café. Agora confío na labor de IArrovawo, ascárida,cesare, para facer un inventario xusto a minha medida.
Como pesimista profesional, é o meu deber tirar polo baixo... Digamos... 750? (agora en serio, eu voto por 84. Como dicía o maiordomo da tele, "Orwell nunca engana").
¿Hai premios de consolación? ¿O gañador invita a uns groliños?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.