Se se escoita con atención, en todas as noites da historia pódese oír o ruído das pisadas dos nenos abandonados para os cales non se abre ningunha porta acolhedora. (...) Rachel reflexionou sobre os nenos. Cabería pensar que o mundo debera avergonharse de lhe ter dedicado o Nadal a un só deles e, porén, deixar que todo seguira igual: que os nenos vagaran polos caminhos e lanzaran as súas queixas ao vento coma ovelhas perdidas mentres o pastor bebía e se regalaba na taberna sen prestar oídos aos seus débiles lamentos. ¡O Senhor garde aos nenos! Pois a todo neno nacido de mulher chégalhe o momento de correr por un lugar sombrío, unha calelha sen portas, perseguido por un cazador de quen resoan intensamente as pisadas nas pedras. Pois a todo neno, rico ou pobre, por mais que fose favorecido pola Fortuna, por moi acolhedor e seguro que sexa o seu cuarto, chégalhe o momento en que oe o eco das pisadas e ninguén o escoita, e as folhas secas que pasan arremuinhadas convértense nun murmurio pavoroso, e o tic tac da velha casa é o amartelamento do rifle do cazador. (...) O mais espantoso e conmovedor para Rachel era a humilde benevolencia coa que os nenos aceptan o seu destino. ¡O Senhor garde aos nenos! Choran por un xoguete roto, pero soportan co valor dun mártir na fogueira o asasinato dunha nai e o feito de que, talvez, nunca tiveron pai. A morte dun micho faraos refuxiarse chorando no colo feminino mais a man e, porén, cando se decatan de que xa non os queren na súa casa meten as súas cousas en caixas de cartón atadas cun anaco de corda para tender e vagan en busca doutra rúa, outra casa, outra porta. ¡O Senhor garde aos nenos! Sopórtano todo. O vento sopra e a chuvia é fría. Pero eles sopórtano todo.
A noite do cazador, Davis Grubb, 1953
Bon Nadal e Feliz Ano 2004.
Saúde, Cultura e República!
Mandei onte a moitos amigos unha estranha versión deste texto no que aparecen caracteres españois alheos a esta bitácora, coma o ll ou o ñ, mesturados cos xa habituais lh e nh. Espero que a xenerosa amistade de todos eles poida perdoarme esta pequena recaída normativista. Para a próxima vez prometo reler antes as minhas traducións e non fiarme en exceso da memoria.
Pois eu, ata lle vou perdoar e todo.
A mensaxe do texto supera calquer intento normalizador da lingoa.
Agora, despois de releé-lo unhas cuantas veces, teño unha sublime sensación, que é todo o contrario da, de non pensar en nada...
Vaia a nosa solidariedade con esta bitácora chea de agulhas de marear ao tempo que compartimos os principios emitidos.Para Moebius, se é que o permite, indicarlhe que a Xustiza vai incorporada, alomenos, en dous: Cultura e República.
Eu non son nada orixinal para esto de felicita-las festas e desexar bos anos.
Así que Saúde, cultura e República pra todos.
E sentidiño, pra os que anden escasos...
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.