Hai xa moitos anos que a escola deixou de servir para ensinar cousas útiles para a vida e pasou a se convertir nun fin en si mesma. Vaise á escola para aprender materias das que só faremos uso na escola, e así sempre. Apréndenselhes linguas aos nenos pero non coa intención de que as empreguen como ferramentas de comunicación, por suposto. Xamais darán falado inglés ou galego co que se lhes ensina, pero se son alumnos aplicados conseguirán aprobar as asignaturas e pasarán de curso. A Historia será explicada como un longo conxunto de fazanhas bélicas sen interpretación de ningún tipo, sen causas e sen consecuencias que sirvan para entender o mundo no que agora vivimos. O mesmo pasa coas ciencias da natureza, claro. E coas matemáticas. Por iso nun livro de texto de Santillana de 2º de E.S.O. pode aparecer este problema:
Tres amigas compran una caja de pastas para merendar. María se come 4/5 partes de la caja, Rosa 5/7 partes y Laura 9/13 partes. ¿Cuál de las tres come más?
A ver, confesen: algunha vez se puxeron a meditar que fracción dunha caixa de galhetas se comeron? Imaxino que aos autores pareceulhes máis orixinal e creativo inventar un disparate así que ponher o exercicio sen mais, sen engadir ningún enunciado estúpido. Quizá intentaban achegar a materia á realidade, pero deron en crear unha realidade tan ficticia que acaba por ser peor o remedio que a enfermidade. Este blog, porén, non quere limitarse a describir a situación sen proponher alternativas. Aquí van, de balde, dous modelos de problemas que quizá servirían para aproximar aos rapaces ao mundo no que viven. Por exemplo, ¿Qué fracción do gasto en I+D corresponde a investigación militar?; ou estoutro: ¿Por que cifra se multiplicaron os negocios da secta "Legionarios de Cristo" desde que o PP chegou ao poder en 1996?
Deste xeito evitariámonos, como mínimo, problemas imposiveis como ese das tres rapazas que compran unha caixa de galhetas e acaban papando máis de dúas.
Non esquecemos:"El buque perdió algo de fuel al remorcarlo" ((realmente, foron unhas trinta mil toneladas), Mariano Rajoy, vicepresidente do governo, 22/11/2002
¶
No diccionario de galego o verbo ensinar ten duas apreciacions moi diferenciadas entre si.
Nunha nos fala de "educa-la conducta humana" e na outra de "castiga-los animais para adestralos".¿Non será , amigo Martin, que hae adestradores i educadores mixturados?.
Os libros de texto e mai-la TVE ,sempre estarán mediatizados e o servicio do poder.Se lle aplicamos a teoría de Algernon poderíamos decir que a vida é coma un sugus, aprende-se.
con ese ejemplo queda patente que no hemos mejorado mucho a pesar de los años.. ese tipo de problemas son los que leí en el libro el Florido Pensil analizando la educación franquista.. :))
Bueno, sus ejemplos de problemas matemáticos son buenos y están muy ligados a la realidad, obviamente ;) Aunque tal vez a María, Marta y Petronia (o como se llamen las pobres chicas) les interese más saber qué proporciones se vino y cocacola entran en un calimotxo, o cosas por el estilo :D
É impressionante a persistência na denúncia da tragédia do Prestige. Bom trabalho. De facto, é preciso que não se deixe caír no esquecimento. Como vocês dizem "Nunca Máis!"
A semana que vén cúmprese un ano da traxedia e imos requerir da túa participación e de cantos blogs for posível para difundir un texto lembrando o feito. Mantereite informado...
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.