caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Luz e zapatos
> Luz e zapatos <

Un conto só pode nacer dun "binomio fantástico". Tal cousa nos di Gianni Rodari na súa indispensábel Gramática da fantasía, un libro de paso para todo aquel que desexe abrirse ás posibilidades da imaxinación. A oposición de conceptos alimenta o noso cerebro e introduce infinidade de suxerencias que actúan como xenuíno motor de creación literaria. Nada hai de estimulante na parella lápis e papel, tan obvia ela, mais encéndese algo dentro de nós se asociamos palabras como espello e pergamino, nube e chocolate, frauta e mandarina. Aplicando a técnica que aprendera nun curso con Rodari, a mestra dunha escola maternal de Reggio Emilia suxeriulles aos seus nenos que inventasen un conto a partir do binomio luz e zapatos. Un dos cativos, de cinco anos de idade, acabou por crear un dos máis fermosos relatos xamais escritos:

Había unha vez un neno que sempre poñía os zapatos do seu pai. Unha tarde, o pai, farto de que o neno lle collese os zapatos, deixouno atado á luz. Cando se fixo noite, o neno caeu; entón o pai dixo: ¿Quen está aí? ¿Un ladrón? Cando foi mirar, era o neno quen estaba no chan. Estaba acendido. Entón, o pai probou a retorcerlle a cabeza, pero non se apagaba; tiroulle das orellas, pero non se apagaba; apretoulle o nariz, pero non se apagaba; tiroulle dos pelos, pero non se apagaba; aplastoulle o embigo, pero non se apagaba; quitoulle os zapatos e conseguiuno, e apagouse.

2003-10-29, 08:49 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12479

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-29 08:55

O proprio Rodari advirte que a última frase non foi suxerida polo narrador principal, senón por outro cativo, e que gostou tanto aos rapaces que "sentiron a necesidade de aplaudirse".

O relato está tomado da edición da Gramática... de Kalandraka, con traducción de Silvia Gaspar.



2
De: Vendell Fecha: 2003-10-29 09:05

Pawley, ¿para cando unha ética da fantasía?



3
De: EMF Fecha: 2003-10-29 10:23

Que maravilla de conto! :-)



4
De: eledhwen Fecha: 2003-10-29 17:47

Xa creía que non quedaban cativos con imaxinación.
E unha ledicia darme conta de que estaba errada.



5
De: Descalza Fecha: 2003-10-29 18:20

Pois non vendría nada mal, a ética da fantasía para comprender a realidade...A min gústame (a parte do libro enteiro) o conto "o Avó de Lennin". Non pawley...non é polas miñas crenzas je je



6
De: Mc Fecha: 2003-10-29 19:33

Rodari es uno de mis favoritos Pawley. Con él aprendí a perder el sentido del ridículo en el aula con mis alumnos y el poder de la imaginación eso que actualmente pretenden atar de pies y manos..

Saludos.



7
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-30 08:26

Momento, sultán, que esto merece un señor comentario. Mañana se lo dedico.



8
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-31 08:24

Mister Pawley, esta historia merece otra historia dedicada.



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley