caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Retirarse a tiempo (no al General De Gaulle)
> Retirarse a tiempo (no al General De Gaulle) <

Os seres humanos queremos saber, porque o saber fainos máis libres. Construímos leis para describirmos a realidade, para intentar entender os procesos que suceden ao noso redor a partir da súa observación obxectiva e sosegada. O coñecemento nace sempre da experiencia, da cal tiramos sempre infinidade de preguntas que nos levan a procurar infinidade de respostas. Ás veces conseguimos atopar modelos eficaces que nos serven para comprender certos feitos e facemos uso deles mentres nos son útiles. Tamén, ás veces, eses modelos chegan a facerse tan poderosos que corremos o risco de esquecer que son tan só iso, modelos. As leis non preceden aos obxectos sobre as que se aplican e non poden nunca erguerse por riba da realidade á que se refiren. Son ferramentas das que nos valemos, pero non son eternas e imperecedoiras. Cando se nos revelan insuficientes retocámolas ou cambiámolas por outras, de acordo coa nova información de que dispoñamos. Formulamos hipóteses alternativas, elaboramos planos e teorías e discutimos sobre elas de xeito relaxado e crítico. O ser humano avanza asumindo riscos, equivocándose moito, acertando ás veces. Propoñendo ideas, admitindo dúbidas, negando dogmatismos.

Algúns seres humanos queremos saber, porque o saber fainos máis libres.


Non esquecemos: No puede hablarse de marea negra, sólo de un vertido de fuel, Enrique López Veiga, conselleiro de Pesca, 17/11/2002

2003-10-26, 02:35 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12371

Comentarios

1
De: Mc Fecha: 2003-10-26 03:52

Muy bien precisado Pawley "algunos" más bien pocos porque si fuesen "algunos" más los que quisiesen saber, seguramente seríamos más libres de lo que somos y no tendríamos que soportar cada día situaciones bochornosas y cercanas al insulto.
Tendría que explicar alguien por qué le tenemos miedo a ser libres.

Saludos.



2
De: Anónimo Fecha: 2003-10-26 09:44

O camiño da vida é aspro para moitos
que van deixando presas nas silvas das orelas as ilusións, anacos do seu corazón.
O mesmo que van deixando lascas da súa lan as ovellas...Carvalho Calero.
E penso eu, agora que xa vou superando ese sentimento de culpabilidade que tiña fai uns anos ao pensar,¿ pocas cousas deben impoñer tanta amargura como votar unha ollada atras e non atopar nada?
¿canta xente non é capaz de transmitir unha mínima sensación por escaparselle o entendemento?...,claro esta, que pensar non nos fai mais livre senon lle buscamos respostas as nosas perguntas.



3
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-10-26 10:48

Esquencín asinar o meu nome, non gosto dos anonimos.
Un saudo



4
De: Vendell Fecha: 2003-10-26 18:34

Será o vértigo, Pawley.



5
De: Vendell Fecha: 2003-10-26 18:35

Por certo, ¿qué pinta DeGaulle nesta historia? ¿Meteullo pra facer xogo con Veiga?



6
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-27 00:51

Seguro que vostede sabe, querido Vendell, da conflictivas existencia do diario Madrid durante a dictadura. Unha das gotas que definitivamente colmou o vaso veu dada por un editorial titulado Retirarse a tiempo (No al General DeGaulle), que algúns interpretaron como un xeito subtil de mandar un recado ás autoridades franquistas. E é que, xa ve, hai veces que un texto fala dunha cousa pero a interpretación que lhe damos pode ir por un caminho moi diferente. Este texto que escribín realmente fala de ciencia, pero seguro que hai alguén (o seu autor, sen ir máis lonxe) que pensou que podía tratar tamén das reaccións ao Plan Ibarretxe, por exemplo. E quen di iso, di calquera outra cousa. Porque proponher hipóteses, admitir dúvidas e negar dogmatismos nunca vén de máis, en ningunha faceta da vida humana.



7
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-27 01:44

Razón lleva, Mr. Pawley.



8
De: Vendell Fecha: 2003-10-27 06:57

Demo, saíulle polifónico o texto ;-)



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley