Unha xuíza rexeita unha demanda por estar redactada en lingua galega
La Opinión de A Coruña, venres 10 de outubro de 2003
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña) rexeitou a principios de ano unha demanda redactada en galego por unha letrada de Santiago, Isabel Castillo González, nun proceso de separación matrimonial. A xuíza devolveu o escrito á letrada, indicando na resolución que o feito de que estivese redactada en lingua galega era un defecto que debía ser emendado, polo que lle outorgaba un prazo para traducila ao español.
A letrada interpuxo un recurso contra a resolución, que a xuíza considerou ofensivo, e instruíu un expediente disciplinario á avogada. O expediente rematou recentemente, impoñendo á avogada unha sanción de apercibimento por escrito.
Consello da Avogacía
A corrección disciplinaria está sendo recorrida tanto pola letrada como polo Colexio de Avogados de Santiago, ao que ela pertence. O Consello da Avogacía Galega, órgano que aglutina aos sete colexios de avogados de Galicia, acordou dar amparo á avogada Isabel Castillo González, xa que considera que o uso do galego é un dereito fundamental do cidadán.
O Consello da Avogacía Galega ampara aos avogados e avogadas no uso de tal dereito, e lamenta que os proxectos desenvolvidos ata agora pola administración autonómica conxuntamente con este Consello a prol do uso do galego -como a redacción e edición de formularios xurídicos e procesuais en lingua galega- poidan resultar frustrados na súa aplicación práctica.
¿De onde é a xuiza? Se é de fora, ¿cómo vai entender a testemuña dun encausado ou testigo que sexa galegofalante? Se non entende o galego, ou non fai nada por entendelo, ¿pódese dicir que é competente para desepeña-lo posto?
O premio nacional entrégase sempre á obra. O xurado pode manexar unha traducción, como é lóxico, pero o que se premia é "Trece badaladas", obra de Suso de Toro. No xurado sempre hai representación galega, ademais.
Non é a primeia vez, por outra parte. Antes vinheron Alfredo Conde co Griffon e Manuel Rivas con Que me queres, amor?. En Literatura Infantil e Xuvenil, temos a Paco Martín con Das cousas de Ramón Lamote, a Fina Casalderrey con O misterio dos fillos de Lúa e ao admirado Xabier P. Docampo con Cando petan na porta pola noite. Manuel Lourenzo levou o de Literatura Dramática por Veladas indecentes e paréceme lembrar que houbo tamén un Premio Nacional de Traducción para a nosa lingua.
Sabemos o nome da avogada mais non lemos o nome da xuíza. Estaría ben coñecela para poder ter causa para recusala se é chegado o caso. De todos os xeitos, baixo o meu punto de vista, ningunha das partes ten razón: ¿para que está o latín?
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.