Comprendín hai xa algún tempo que as paisaxes das que máis gozo son as paisaxes humanas. O mellor de viaxar e coñecer outras terras non son as terras en si, nin sequera as belezas naturais ou artísticas que sobre elas repousan, senón o trato coas xentes que nelas habitan. Gosto de mergullar entre pedras, pero disfruto máis facéndoo entre conxéneres da miña especie. É así que estou desexando ir ao Rio de Janeiro pero non para facer as visitas turísticas de rigor senón polo feito de que ter alí ao amigo
Omar supón a oportunidade de coñecer un Brasil distinto, alonxado do tópico
Ipanema e Carnaval dos tour-operators. Eu non quero ver Río simplemente; eu pretendo a absurda ficción de ser carioca por uns días. Quizá se deba a que na lista de persoas coas que estou disposto a tratar caben aínda infinidade de nomes.
Os motivos iniciais de eu querer ir a Pamplona eran o planetario e o seu xefe de akelarres, un tal Armentia. Pero logo a viaxe foi enchéndose de contidos que me permiten suxerirlles
dez boas razóns para achegarse até Pamplona. Para achegarse, e para volver. Polo de pronto, en decembro e
sin que sirva de precedente andaremos ben perto, por Bilbao, espiando un pouco da man da mellor mestra imaxinábel nesas artes.
Aí vai, pois, a lista de hoxe:
A sidra
Encontrarse con
Canopus, que vén desde Madrid
Escoitar a palabra de
Dios
Coñecer en persoa ao
osito
Urbasa
O Oteiza que se ve na súa casa-museo en Alzuza (e o que non se ve, tamén)
Falar con
Jaio, a favorita do meu harén
Atopar un libro perdido nos arredores do Pamplonetario
Escoitar a Cássia Eller no Pamplonetario
Descubrir que estou a só dous graos de separación de Aramís Fuster, Alberto Fujimori e outros
seres abyectos
O pacharán
Javier Armentia
¶